O actual modelo de reparto de xarda deixa sen cota a flota galega e abócaa á ruína

O actual modelo de reparto de xarda deixa sen cota a flota galega e abócaa á ruína
  • A portavoz de pesca do BNG, Montse Prado critica  o modelo actual   que obriga á flota galega a tirar o mar a xarda morta mentres outras flotas péscana en augas galegas e véndena nas lonxas galegas

O  BNG censura a ruína a que está abocada a flota artesanal galega co actual modelo de reparto de especies estratéxicas como a xarda. Este días podemos comprobar  como a pesca da xarda está pechada para as artes menores, mentres outras flotas a pescan  nas nosas augas, vendéndoa nas lonxas  galegas e a  flota galega tena que tirar ao mar morta.

Para o BNG, a consellería do Mar non está a defender os dereitos da flota galega  e consinte  un   modelo de reparto que concentra nunhas poucas embarcacións o dereito a poder pescar xarda mentres a maioría da nosa flota  de artes menores apenas lle corresponde cota.

Para a portavoz de pesca do BNG, Montse Prado, o actual reparto  resulta  “inasumíbel” para ademais de ser  “inxusto, discriminatorio e non contribúe a un modelo de pesca sostible”, que garanta a actividade para as nosas pequenas embarcacións que son as que xeran un maior número de postos de traballo e realizan  un reparto lineal da actividade e da riqueza sen  esquilma o mar.

Lembremos que este ano repartíronse un total de 1.020.996 ton, correspondendo ao Estado español 32.466 (despois de descontar as 5.544 ton da multa que pagamos todos por igual) e que outros utilizaron a sobrepesca para aumentar os seus supostos dereitos históricos).

Para as artes menores repartíronse  a miseria de  12.000 ton das cales a Coruña,  tocoulle 828 ton, encontrándonos que si para as artes do anzó durou dúas semanas para a pesca accidental  a pesca durou entre o 20 de marzo e o 18 de abril, E falamos de pesca accidental, obrigando a esta flota a ter que tirar a xarda morta ao mar, non podendo traballar nos caladoiros tradicionais, obrigándonos a non poder largar as nosas vetas, volantillas ou miños mentres outras embarcacións doutras comunidades pescan con total tranquilidade e venden a mellor prezo.

O BNG reponsabiliza desta situación  á conselleira  Rosa Quintana e a Feijóo por asumir    un modelo pesqueiro, dende o ano 2014,  que deixa sen dereitos  a nosa flota artesanal e a condena a unha actividade ilegal provocando o abandono da actividade e a ruína.

A deputada do BNG, Montse Prado preguntará na vindeira comisión de pesca, prevista para o xoves 11 de maio, polos ingresos das embarcacións galegas en contraposición a das outras comunidades, cantos días puido faenar unha embarcación adicada á pesca dirixida e se a Xunta trasladou algunha queixa ao Goberno central polo novo modelo de reparto da pesquería da xarda que claramente discrimina á flota galega.