Grecia: unha oportunidade para a soberanía e a democracia

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2015.- O próximo domingo celebraranse en Grecia eleccións lexislativas, consecuencia da fonda crise institucional que atravesa este país como consecuencia das políticas impostas pola Comisión Europea, o Banco Central Europeo e o FMI, e asumidas pola elite política grega personaliza nas figuras de Antonis Samarás e Georgios Papandreu.

Como consecuencia das políticas aplicadas a partir do estourido da crise de 2007, o país atravesa unha situación económica desastrosa agravada pola aplicación das políticas neoliberais patrocinadas pola Troika. Como resultado destas políticas, perdeu un 25% do seu PIB, aumentou o desemprego xuvenil por riba do 50% e a porcentaxe de poboación considerada pobre supera o 30%. Grecia recibiu máis de 360.000 millóns de euros avalados polas institucións europeas, pero a maior parte destes fondos dedicáronse a pagar a débeda privada, transformándoa en pública e a axudas directas para salvar a banca.

A situación grega constitúe un claro exemplo das consecuencias das políticas neoliberais da UE que o BNG ten denunciado recorrentemente desde a aprobación do Tratado de Maastrich, a principios do anos noventa. Así mesmo, ten sinalado que as poli?ticas desen?adas e executadas neste extenso peri?odo de crise econo?mica esta?n a provocar que o deterioro econo?mico e social, lonxe de ser conxuntural, produto dunha e?poca para superar a destrucio?n do sector financeiro, remate por se converter nun elemento estrutural e permanente do sistema. A UE é o principal patrocinador destas políticas, cos sucesivos gobernos gregos como colaboradores necesarios, un cadro de dependencias que se repite no Estado español, aínda en ausencia dun rescate formal.

En paralelo ao deterioro económico e social, a combinación dos poderes da UE e a colaboración da elite grega baleirou de contido práctico o exercicio da soberanía por parte do pobo grego, poñendo en cuestión a propia esencia da democracia en Grecia. A busca dunha saída realista ao problema da débeda ou o establecemento de políticas económicas e fiscais que redunden en beneficio da maioría da poboación serán posibles se o pobo grego consigue crebar as relacións de subordinación e dependencia en relación á UE e facer valer a súa soberanía.

O BNG solidarízase coa loita de todos os pobos de Europa na defensa dos valores democráticos e da soberanía das nacións, condicións imprescindibles para facerlles fronte aos poderes que rompen a cohesión social e privilexian os intereses do capital financeiro. Neste contexto, o BNG defenderá que os gregos e gregas podan exercer os dereitos derivados da súa soberanía sen inxerencias de institucións alleas que non responden á vontade democrática do seu pobo e denuncia as burdas intromisións da Comisión europea e dos gobernos dos estados centrais da Eurozona.

O BNG agarda que o resultado das eleccións gregas sexa favorable á mudanza radical das estruturas e políticas da UE, que condenan aos nosos pobos á dependencia e a pobreza, e expresa o seu apoio e solidariedade ás forzas políticas gregas que defenden os principios da democracia e soberanía do seu pobo.