CONCELLOS BNG

Vilar de Barrio organiza a campaña dos concellos rurais contra a violencia machista

Vídeo Vilar de Barrio
Vídeo Vilar de Barrio
Vilar de Barrio organiza a campaña dos concellos rurais contra a violencia machista

Con motivo do 25N (Día Internacional contra a Violencia de Xénero), o Concello de Vilar de Barrio, gobernado polo BNG, presenta un vídeo colaborativo no que participan alcaldes, alcaldesas e veciñanza dos concellos de: Maceda, Sandiás, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Baltar, Sandiás, Rairiz de Veiga, Porqueira, Calvos de Randín e XInzo de Limia.

Esta campaña, financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e organizada en colaboración co equipo multidisciplinario do Centro de Desenvolvemento Rural “O VISO”, difundirase masivamente como mensaxe de apoio directo ás mulleres vítimas de violencia machista, para ofrecerlles medios e apoios para rematar coa grave situación que padecen. O alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde, é o encargado da lectura do manifesto, apoiado pola presenza das demais rexedoras e rexedores municipais así como da veciñanza de ditos concellos. A artista limiá Mirian Opazo Ojea puxo voz e música interpretando “Romance da Bela Rosa” de Sés.

Como sociedade rural caracterízanos o traballo comunitario e axudármonos unhas a outros, por iso adquirimos o compromiso firme de rematar coa lacra da violencia machista entre todas e todos.

Vilar de Barrio organiza a campaña dos concellos rurais contra a violencia machista