Vence reivindica no primeiro de maio políticas económicas que xeren emprego digno na nosa terra
O portavoz nacional do BNG critica o cinismo do PP ao trasladar á cidadanía un discurso de optimismo e triunfalismo sobre a fin da crise
Vence participou en Vigo na manifestación do 1 de maio convocada pola CIG
Na manifestación do 1 de Maio en Vigo, o portavoz nacional do BNG criticou o cinismo do Goberno, tanto de Rajoy como de Feijoo, que son capaces de trasladar á cidadanía un discurso propagandístico de optimismo e triunfalismo dicindo que estamos xa saíndo da crise. Vence subliñou que non hai razóns para o triunfalismo senón todo o contrario, estamos nun escenario onde non hai reactivación da industria nin dos servizos, non hai creación de emprego de futuro e continúan aínda máis os recortes e os recortes de dereitos.
Vence salientou que xa é hora de rematar con estas políticas agresivas e devastadoras do PP e de inverter a situación, aspirando a ter unha alternativa de traballo digno na nosa terra. Vence insistiu en que lograr isto ten que ser a prioridade absoluta das políticas económicas e laborais de Madrid e da Xunta.
Folleto que repartiu o BNG nas manifestacións do Primeiro de Maio