Queremos un ensino público publico, galego e de calidade. Non queremos LOMCE nin reválidas
A portavoz nacional, Ana Pontón, encabezou a representación do BNG nas manifestacións convocadas contra ás reválidas e a LOMCE en todas as cidades e pediu á Xunta que exerza as súas competencias e promova unha lei galega do ensino. A dirixente do Bloque denunciou que a chamada Lei Wert e as reválidas retrotraen “a un modelo de tempos pasados que impedía o acceso igualitario ao ensino universitario”.
Pola contra, o BNG reclama do goberno que preside Feijóo “que exerza as competencias para que Galiza conte cunha Lei de ensino adaptada a nosa realidade, que favoreza que o fillo ou a filla de calquera traballador ou traballadora poda ir á universidade coas mesma facilidade que os dunha familia acomodada”, argumentou Pontón.
Pontón, xunto con outros responsables políticos do BNG como o deputado Xosé Luís Rivas, ou o portavoz municipal en Santiago, Rubén Cela, participou na manifestación convocada por Erguer-Estudantes da Galiza, xunto con outras organizacións estudantís, e tamén secundada pola Plataforma galega polo ensino público.