O PP impide a investigación do concurso eólico de 2010 trufado de “irregularidades” confirmadas pola xustiza

Luís Bará
Luís Bará

Luís Bará preguntou “que agocha  o goberno e a quen protexe” para negar a documentación solicitada polo  BNG, dende hai dous meses

A comisión proposta polo BNG  tamén investigaría a condoación de 11,7 millóns de euros a Greenalia por parte da Xunta e  adxudicación a outras empresas cun pagamento de 1.600 M€ “do que nada sabemos”

O portavoz de Medio Ambiente do BNG, Luís Bará lamentou que, unha vez máis, “o veto” do Partido popular para crear unha comisión de investigación sobre a política eólica do goberno nos últimos 12 anos, contestada nos tribunais con numerosas sentenzas de anulación de parques eólicos, a investigación da Fiscalía pola condonación de 11,7 M€ a Greenalia por parte da Xunta e a denegación da documentación reclamada polo BNG, dende hai dous meses.

Para o deputado, a negativa do PP a entregar a documentación sobre os proxectos industriais e o seu incumprimento  no concurso  eólico do ano  2010, representa unha  “vulneración dos dereitos parlamentarios” e avanzou que o “BNG irá a buscala á Xunta” se o PP persiste en non entregala.

Na súa intervención, o nacionalista denunciou “o cúmulo de irregularidades” en numerosos proxectos así como a suspensión cautelares doutros proxectos en tramitación polo goberno do PP. Ao seu xuízo, todos estes feitos “son moi graves” entre os que salientou o “incumprimento dos compromisos  do concurso eólico  do 2010”, anunciado como o maior plan da historia de Galiza, con 6.000 M€ de investimento e 12.000 postos de traballo “que non se cumpriron”, afirmou.

Ademais, tamén se referiu ao “agasallo” da Xunta á empresa Greenalia por valor de 11,7 M€ perdoándolle a débeda con cartos públicos polo incumprimento do desenvolvendo de plans industriais e as cantidades e monetarización a outras empresas adxudicatarias que poden ascender a 1.600 millóns de euros, “do que nada sabemos”.

 O PP continúa ao  servizo das grande empresas eléctricas

O parlamentario do BNG  criticou o “escurantismo e falta de transparencia” do Goberno do PP e acusouno de  actuar “ ao servizo dos intereses das grandes empresas eléctricas”. Nesta liña, lembrou que a Xunta “negouse a entregar a documentación solicitada polo grupo parlamentario do BNG e negouse tamén  a responder en sede parlamentaria, preguntas en comisións e preguntas en Pleno” de aí, dixo o nacionalsita  que dende o BNG solicitemos unha comisión de investigación para  “poder acceder a toda información, coñecer a verdade e poñer luz e taquígrafos sobre unhas actuacións rodeadas de irregularidades”.

Tras a intervención da portavoz popular, Marta Nóvoa Iglesias que xustificou a política  eólica do PP, o deputado Luís Bará explicou que  a investigación da Fiscalía refírese ao caso Greenalia “unha pequena parte do montante da xestión do PP coas empresas eólicas” e o que queremos, “é o resto da  documentación” sobre os expedientes individualizados, os plans industriais comprometidos coas empresas e monetarizacións do concurso eólico do 2010”. Que están ocultando? Porque non nos dan a documentación? A Que intereses protexen?

“Preparen a documentación, porque se non nola dan ímola buscar nós”. Poñan a traballar á xente a recompilar a documentación.

 Vostedes, “son tan falsos e tramposos” e búrlanse tanto do Parlamento que hai dúas resolucións do debate de Política xeral do 2011-2012 para instar á Xunta elaborar un informe anual sobre o grado de cumprimento dos plans do concurso eólico, investimentos posto en marcha e traballadores a tempo completo ou equivalente. Resolución do ano 2012 que vostedes, enfatizou “tiraron ao lixo”, así é como tratan ao Parlamento.

Porqué seguen negando esta documentación dende o ano 2011 e porqué a seguen negando agora? Digan a verdade, votan en contra  da comisión de investigación porque “protexen os intereses das empresas eléctricas, practican a ocultación, o escurantismo e o conchaveo”  e deben escoller “ou voto a favor ou  veto”.

A proposta do BNG, que  contou co apoio do PSdG, foi rexeitada polo Partido popular.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG