A oposición forza a comparecencia de Feijóo nun pleno extraordinario

Francisco Jorquera formula a pregunta dende o escano

O BNG reclamou, en reiteradas ocasións, explicacións do Presidente da Xunta sobre os casos de corrupción que salpican o Partido popular e Goberno de Galiza

Jorquera mostra unha foto de Feijóo con Pachi Lucas,incolucrado na fraude dos cursos

O portavoz do BNG no Parlamento galego, Francisco Jorquera manifestou que o BNG, denunciou no seu momento o incumprimento do compromiso de Núñez Feijóo a comparecer no Pleno do Parlamento para explicar os casos de corrupción que salpicaban ao seu partido, e hoxe ante o anuncio da comparecencia,“alegrámonos da rectificación”.

O nacionalista lembrou que o BNG tamén criticou a inhabilitación durante o mes de xaneiro da actividade parlamentaria e congratulouse de que a “insistencia” da oposición obrigara a Feijóo a rectificar e solicitar a comparecencia pero non advertiu, “para un lavado de cara ou fuxida cara adiante” facendo ver que fai mentres os escándalos que salpican o seu partido, tamén en Galiza como peza clave na trama Gürtell e Barcenas, salpican ao seu propio goberno.

O BNG propón que todos os grupos presenten propostas de resolución contra a corrupción

Jorquera considerou que se falamos de impulso democrático, Feijóo presentará propostas pero volveu a advertir que “non debe confundir impulso democrático con recorte de dereitos”. Neste sentido, salientou as manifestacións reiteradas do propio Feijóo e do Partido popular que apuntan a modificar o regulamento da Cámara, “non para profundar na democracia senón para recortar o dereito de liberdade de expresión dos e das deputadas”, agardamos, recalcou Jorquera, que esta non sexa a pretensión de Feijóo.

Finalmente, anunciou que o BNG proporá na Xunta de Portavoces que o debate conleve a presentación de “propostas de resolución de todos os grupos” nun debate especifico para as propostas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG