parlamento galego

Montse Prado desmonta o “teatrillo” do PP e denuncia a “excepcionalidade permanente” da sanidade galega

Montse Prado
Montse Prado
“O Goberno do PP non consegue tapar con propaganda os gravísimos problemas estruturais consecuencia de 14 anos de recortes ”, advirte a deputada do Bloque   
A deputada do BNG Montse Prado tirou hoxe dos datos para retratar a preocupante realidade que se está a vivir na sanidade galega e deixar en evidencia o “teatrillo” do PP para facer ver aos cidadáns que  “aquí non pasa nada”.  O BNG non vai aceptar, dixo, que se venda como “normalidade” unha “situación de excepcionalidade permanente” e, neste sentido, referiuse aos milleiros de galegos e galegas que non teñen médico asignado, aos que se ven na obriga de agardar semanas para ter unha cita ou a todos os prexudicados polo peche dos seus consultorios de referencia.

A “radiografía da situación real” feita pola nacionalista fronte ao “teatrillo” dos populares inclúe case 215.000 doentes que agardan por unha primeira consulta hospitalaria, 46.000 á espera dunha intervención cirúrxica ou 250.000 pendentes dunha proba diagnóstica.  “O PP non consegue tapar con propaganda a grave situación da sanidade pública, os gravísimos problemas estruturais consecuencia de 14 anos de recortes”, sentenciou Prado, que lembrou que detrás das estatísticas “hai persoas, con nomes e apelidos, que sofren pola súas doenzas”.

Na defensa dunha moción coa que o BNG volveu pedir, entre outras cuestións, un plan de continxencia con medidas e reforzos para facer fronte á atención sanitaria na época estival, a nacionalista referiuse tamén á “realidade” do gasto sanitario e lembrou, facendo alusión a datos oficiais do Ministerio de Sanidade, que Galicia é “segunda pola cola” no investimento en Atención Primaria, ou a cuarta comunidade que menos orzamento destina a pagar ao seu persoal. “E eso pese a que a Consellería diga que somos exemplo superlativo en todo”, ironizou.

A deputada do BNG tirou por terra tamén os argumentos do PP no tocante ás prazas de formación, e explicou que Galiza non consegue cubrir todos os postos MIR polas condicións laborais que ofrece o Sergas. “33 prazas MIR de médicos de familia sen cubrir son un síntoma claro do rexeitamento ás condicións de traballo”, apuntou ao respecto Prado, para quen “converter en norma as intersubstitucións e as prolongacións de xornada para que unha profesional faga o traballo de tres, catro ou os que fagan falta está claro que non é alternativa”. 

A falta de médicos pediatras, as altas taxas de eventualidade en Enfermería, a carencia de médicos nos PACs e nas urxencias hospitalarias completan a “radiografía” feita pola parlamentaria, que volveu advertir de novos colapsos na sanidade galega este verán, sobre todo naquelas poboacións nas que, por mor do turismo, rexistran un considerable aumento de poboación.

Ante o panorama que se aveciña, esixiu o Sergas “uns mínimos” que garantan a cobertura de todas as prazas estruturais nos PACs, acorde á súa poboación de referencia, e actuacións concretas para reverter o deterioro da Atención Primaria, como o aumento de profesionais, a incorporación de categorías imprescindibles para formar equipos multidisciplinares (logopedas, psicólogos, terapeutas ocupacionais...) ou o aumento de orzamento.

Na mesma iniciativa, votada en contra polo PP, o Bloque reclamou á Xunta que garanta a asistencia presencial en Atención Primaria e por profesionais especialistas en pediatría para todos os nenos e nenas, independentemente de onde residan. Porque actualmente, argumentou a voceira en Sanidade do BNG, hai uns mil nenos sen pediatra nin outro médico asignado.

O Bloque solicitou así mesmo que durante o verán non se clausuren unidades de hospitalización e se realicen as contratacións e substitucións necesarias de persoal para non pechar camas ou que non diminúa a actividade nos quirófanos ou de probas diagnósticas.

Prado, que insistiu en que todas as medidas propostas polo BNG son “máis que factibles”, posicionouse  en contra da derivación de doentes á sanidade privada nos casos nos que existan recursos públicos e, ao respecto, emprazou ao Goberno do PP a presentar un informe que xustifique o traslado de doentes a centros privados nos últimos cinco anos. Pediu, finalmente, un exercicio de transparencia á Consellería de Sanidade e que rinda contas dos programa para reducir os tempos de espera anunciado en xaneiro deste a
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG