Jorquera: “Os orzamentos da Xunta non son críbeis e cheiran a electoralismo"

Francisco Jorquera

O nacionalista afirmou que os orzamentos non responden ao final dun ciclo económico, porque son “os dun goberno que está no final do seu ciclo político e pretende salvarse cunhas contas electoralistas e non críbeis”

Comparecencia de Francisco Jorquera

 Tras a Xunta de portavoces, Francisco Jorquera afirmou que “os Orzamentos da Xunta non son críbeis e están impregnados dun marcado tufo electoralista”.

Asemade, nesta primeira valoración, o nacionalista lembrou que a execución dos orzamentos do 2014 non chegou ao 72% e a das transferencias de capital ao 68%.

 O deputado cuestionou o anuncio das rebaixas fiscais anunciadas por Feijóo das que dixo, “non sabemos de onde van saír eses recursos para políticas expansivas”, vai pasar, explicou como nos orzamentos do Estado dos que a Unión Europea xa advertiu que o futuro goberno tera que axustalos para cumprir co déficit marcado.

O parlamentario asegurou que os propios técnicos de Facenda advirten que as rebaixa fiscais son incompatíbeis co investimento e o reforzo dos servizos públicos. O BNG, remarcou, rexeita o déficit cero e aposta por “políticas expansivas para saír da crise”.

O que non é críbel reiterou que os orzamentos da Xunta cumpran cos obxectivos do déficit ou o endebedamento do que presume, porque unha de dúas: “ou vai incumprir o déficit ou os orzamentos son papel mollado incluso antes da súa aprobación”.

Rebaixas fiscais: Reclamo electoral

Jorquera acusou a Feijóo de renunciar a unha reforma fiscal progresiva que faga “pagar a quen máis ten” e alertou de que algunhas rendas medias e baixas deberán pagar máis de IRPF.2

Por outra parte, Feijóo négase a revisar as subas nos impostos indirectos aplicados ao longo da lexislatura entre os que salientou o “gravame do imposto a hidrocarburos”

Propostas trampa

Para o deputado, en troques de incrementar o investimento para incrementar o número de prazas en escolas infantís, opta polo cheques Bebé, o bono gardería e o bono coidador ou propón un protocolo para que os concellos loiten contra a pobreza transferindo esta responsabilidade ás institucións locais mentres aproba leis para retirar competencias aos concellos en servizos sociais e mantén conxelados os fondos de cooperación local. Todas estes anuncios, dixo o nacionalista son “propostas trampa”.

Non son os orzamentos do fin dun ciclo económico como pretende vender o PP, son os dun goberno que sabe que “está no fin do seu ciclo político e tenta salvarse á desesperada cunhas contas non críbeis e electoralistas”.

O PP volve a vetar unha petición do BNG para investigar o accidente de Angrois

Antes de anunciar as iniciativas do BNG que serán debatidas no vindeiro pleno, Jorquera lamentou que unha vez máis, o PP rexeitara a proposta do BNG de crear unha comisión para investigar o accidente ferroviario de Angrois. “Discrepamos da decisión do xuíz de imputar só ao maquinista”, afirmou.3

Xa na orde do día da vindeira sesión plenaria o deputado anunciou que será debatida unha moción preguntando a Feijóo se considera que o problema do Hospital de Vigo redúcese a molestias motivadas polo seu traslado por que “nunca ninguén fixera tanto dano en tan pouco tempo na Sanidade Pública galega e o hospital de Vigo é un claro exemplo desta desfeita”.

Ademais, o BNG defenderá unha Proposición non de lei para o mantemento dos postos de traballo de Alcoa e San Cibrao, preguntará ao goberno sobre as condición laborais dos centros de Benestar da Xunta e que opinión ten en relación coa investigación do asasinato dun seareiro do Deportivo, o 30 de novembro do 2014, e a posibilidade de que o crime fique impune.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG