Parlamento Galego

O goberno da Xunta non aporta ao BNG os datos de subvencións ás empresas de automoción

Noa Presas
  • A deputada do BNG, Noa Presas formulou unha pregunta na comisión de Industria  na que asegurou que a Xunta e o Goberno central conceden subvencións a empresas de automoción “sen poñer condicións” que impidan a perda de postos de traballo e a súa deslocalización

A portavoz de Industria e deputada do BNG, Noa Presas  manifestou  que os datos aportados polo Secretario de Industria, Borja Verea Fraiz, relativos ás subvención a empresas de automoción resultan “insuficientes”  por estar referidos ao ano 2009, polo que  volveu a  solicitou a segregación dos datos de cada empresa tendo en conta, explicou, que por exemplo,   Viza Automoción Sau está “en pleno conflito” dende o verán por mor da ameaza da súa deslocalización. Neste sentido preguntou se as empresas, como a mencionada, deben recibir subvencións.

Noa Presas alertou da difícil situación do sector da automoción a causa  do desprazamento  de postos de traballo no sur de Pontevedra e norte  de Ourense  cara o Norte de Portugal. No sector da automoción, engadiu a nacionalista, existen 19.000 empregos directos, en Galiza factura por riba dos 18.000M€ ao ano, produce o 15% dos automóbiles do Estado español e o 31% das exportacións polo que entendemos, dixo, que é “un sector fundamental” que merece a nosa atención.

Dende o BNG entendemos que as entidades públicas conceden subvencións sen criterios contundentes á hora de frear “a deslocalización” e os problemas laborais derivados da rebaixa das condicións das empresas auxiliares, e das propias empresas que provoca unha menor calidade ao “colocar persoal menos especializado e sucesivos EREs”.

Industria comprometese a remitir por escrito os datos solicitados polo BNG

Pola súa parte o secretario de Industria asegurou que a realidade é “diferente, positiva e ilusiónante” ante os datos de emprego na automoción. Non podemos perder produtividade e por iso, afirmou, “hai que avanzar en abaratar o solo industrial e reducir as trabas democráticas”. Borja Verea   comprometeuse a remitir os datos  e información “por escrito” das máis de trinta empresas recollidas na pregunta parlamentaria do BNG.

Finalmente, a deputada reiterou que parte das empresas nomeadas na pregunta parlamentaria experimentaron nos últimos seis meses algúns expedientes de regulación de emprego que pode derivar nun ERE definitivo, de forma extintiva.