Senado
Goberno comparte co BNG a necesidade e urxencia de executar actuacións para a rexeneración do Miño
12 de maio de 2025 (18:17 h.)
Carme da Silva urxe o Goberno a desmilitarizar o río Miño e parar os grandes saltos hidráulicos que se están a tramitar: “o Miño non pode funcionar baixo os intereses do grande lobby eléctrico”
A senadora do BNG reclama ao Secretario de Estado maior vontade para reverter a situación actual do Miño: “o problemas destes ecosistemas é que chegan a un punto de non retorno e o Miño está chegando a ese punto”
Da Silva urxe que o Miño volva cara ao público: “hai unha enorme cantidade de saltos hidroeléctricos na actualidade que están condicionando o caudal do río e a súa dinámica facendo que haxa unha xestión privada do río”