Goberno acorda co BNG publicar “nas próximas semanas” e “tamén en galego” o protocolo e a guía de prevención no servizo do fogar

Carme da Silva

A senadora do BNG consegue o compromiso do Secretario de Estado de Traballo de publicas nas vindeiras semanas o protocolo contra o acoso e a guía de prevención no servizo do fogar

Carme da Silva Méndez logra que Traballo publique estes instrumentos de garantía laboral en lingua galega

A senadora do BNG, Carme da Silva, consegue o compromiso do Goberno do Estado, no concreto do Ministerio de Traballo, para publicar tanto o protocolo de actuación frente á situacións de violencia e acoso no servizo do fogar e da guía técnica de prevención de riscos laborais no traballo doméstico “nas próximas semanas” e “tamén en galego”.

A aprobación do Real Decreto 893/2024 para mellorar as condicións de traballo, segundo destaca a senadora do BNG, “supuxo un avance importe na dignificación das condicións laborais das traballadoras do fogar”.

Neste sentido, durante a pregunta dirixida ao Secretario de Estado, Carme da Silva Méndez recorda que estaba previsto no Real Decreto a publicación tanto do Protocolo de actuación frente á situacións de violencia e acoso no servizo do fogar e da Guía técnica de prevención de riscos laborais no traballo doméstico.

“Estes instrumentos de garantía laboral deben de publicarse no menor tempo posíbel” sinala a senadora do BNG, mentres lembra que o sector do emprego doméstico continúa marcado pola precariedade e invisibilidade cunha forte feminización e cunhas condicións que, en moitos casos, seguen sen garantir dereitos básicos en materia de seguranza e saúde laboral.

Ante estas preguntas da senadora nacionalista, o Secretario de Estado de Traballo comprometeuse a publicar “nas próximas semanas” tanto o Protocolo de actuación frente á situacións de violencia e acoso no servizo do fogar e da Guía técnica de prevención de riscos laborais no traballo doméstico.

Así mesmo, coa materialización desta pregunta oral na Comisión do Senado, Carme da Silva Méndez consegue o compromiso do Ministerio de Traballo a que, ademais de español, o protocolo e a guía tamén sexan publicados nas diferentes linguas oficiais do Estado e, en consecuencia, “tamén sexa publicada en galego”.