A Executiva electa do BNG celebra a súa primeira reunión cun encontro distendido tras a #BNGXVI
27 de marzo de 2017 (21:44 h.)
A Executiva nacional do BNG celebrou a súa primeira reunión cun encontro distendido e informal nun restaurante compostelán tras a celebración da XVI Asemblea Nacional na Coruña, onde as 19 persoas que integran a nova dirección recibiron o apoio do 98,23% da militancia.
A reelixida portavoz nacional, Ana Pontón, quixo agradecer a participación das aproximadamente 2.400 persoas, entre militante, simpatizantes e convidados, que acudiron ao Pazo de Palexco para aportar as súas propostas e ideas, nunha asemblea que pechaba un intenso ano de debate, no que o BNG aproveitou para actualizar o proxecto e para fortalecer a organización.