Día da Visibilidade Lésbica Galega

Elisa e Marcela

Hai pouco, o 26 de abril, conmemoramos como Día Internacional da Visibilidade Lésbica para visibilizar o papel das lesbianas no espazo público. Para alén desta celebración internacional, marcouse o 8 de xuño como Día de Visibilidade Lésbica Galega para lembrarmos que a Galiza tamén ten historia propia que merece ser coñecida e divulgada, e en todos os ámbitos, incluída a historia do movemento LGBT.

De feito, nesta cuestión o noso País foi pioneiro, pois ese mesmo día hai xa 120 anos, casaron Elisa Sánchez Loriga e Marcela Gracia Ibeas na Igrexa de San Xurxo na Coruña, sendo o primeiro matrimonio de que se ten rexistro entre dúas mulleres, aínda que, en realidade, foron continuadoras dunha longa historia que remonta até o século XIII coa parella compostelá de  Sancha e María.

Houbo moitas mudanzas e déronse moito pasos positivos adiante desde aquela, mais, aínda así, nesta sociedade que se rexe polas normas misóxinas e heteropatriarcais que sustentan o capitalismo, as relacións afectivo-sexuais entre persoas do mesmo xénero seguen a ser percibidos por moitas persoas como anómalas ou mesmo aberrantes e as mulleres lesbianas galegas e de todo mundo o continúan sendo discriminadas duplamente; por seren que son e por amaren quen aman.

Colaborando man na man coas organización LGBT de base, o BNG non deixará de reclamar os dereitos humanos básicos de todas as persoas que formamos parte integral do pobo galego en pé de igualdade e independentemente da sexualidade ou da identidade de xénero de cada unha e de cada un, loitando para erguer unha República Galega todas e todos nós poidamos vivir e prosperar en liberdade.