Compromiso coa mocidade: Carnota inaugura a súa Casa da Xuventude e local de ensaio
O compsromiso adquirido polo BNG coa mocidade do noso municipio na pasada campaña electoral xa é por fin unha realidade: o pasado venres inaugurouse en Lamas de Castelo (Pedrafigueira) a Casa da Xuventude de Carnota, unhas novas instalacións destinadas ao uso e goce da mocidade do noso concello, e que contará, entre as súas instalacións destacadas, un local de ensaio a dispor dos grupos e artistas musicais do noso municipio, e do que pronto se presentará o regulamento de uso.
O BNG de Carnota congratúlase ante este novo servizo público que o Concello prestará desde hoxe á súa mocidade, agardando que sexa do seu gusto, e comprometémonos a seguir mellorando a oferta dirixida á veciñanza máis moza, pois nela reside o futuro do noso Concello.