congreso

BNG, xunto con outras forzas, demanda ao Goberno actuar e exixir o levantamento do bloqueo a Cuba

Solidariedade con Cuba

Impulso dunha iniciativa no Congreso contra as medidas de coerción de Estados Unidos contra Cuba e a defensa do Dereito Internacional, a soberanía e a paz

Asinan BNG, ERC, EH Bildu, Sumar, Podemos e CC poñendo o foco na inxerencia sistemática dos Estados Unidos en América Latina e o Caribe

A iniciativa impulsada por BNG, ERC, EH Bildu, Sumar, Podemos e CC denuncia a lóxica dos Estados Unidos de levar a cabo intervencións militares, políticas de inxerencia, presión económica e ameazas contras Estados soberanos “en aberta contradición cos principios do Dereito Internacional e do sistema multilateral”.

As forzas políticas asinantes instan o Goberno a denunciar e expresar o seu rexeitamento ás medidas arancelarias e ao endurecemento do bloqueo económico, comercial e financeiro contra Cuba. Así mesmo, insta a reforzar a cooperación con Cuba, especialmente en materia alimentaria, enerxética ou farmacéutica.

O contexto parta da Orde Executiva do 29 de xaneiro de 2026 pola que se declara unha “emerxencia nacional” con respecto a Cuba e orientada a provocar o colapso da economía cubana, a desestabilización interna, provocar unha crise humanitaria e xustificar a súa intervención para forzar un cambio política.

Cuba, recolle a iniciativa conxunta, é obxecto dun bloqueo económico, comercial e financeiro imposto de maneira unilateral e sen o apoio das Nacións Unidas que vulnera os principios de igualdade soberana dos Estados ou prohibición do uso de medidas coercitivas que recolle a Carta das Nacións Unidas.

“O Estado español debe esta comprometido coa paz, a legalidade internacional, a solución pacífica dos conflitos. Non pode permanecer impasíbel ante unha política que vulnera de maneira tan flagrante estes principios” sentenza a proposta.