O BNG votará non á investidura de Feijóo
- A portavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón transmite ao presidente da Mesa do Parlamento, Miguel Santalices a posición do BNG contraria a Núñez Feijóo e as políticas que representa o Partido popular
A portavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón anunciou hoxe o voto en contra do grupo nacionalista á investidura de Alberto Núñez Feijóo como Presidente da Xunta de Galiza na sesión plenaria prevista para a segunda semana de novembro.
Trala rolda de consultas do presidente do Parlamento cos grupos, previa á investidura de Feijóo, Ana Pontón recalcou que o Partido popular quere impoñer un modelo que cualificou da “desigualdade” e comprobamos como neste momento se está a orquestrar a nivel estatal “un reforzamento do réxime e recentralización” ademais de políticas neoliberais e contrarias aos intereses de Galiza. Fronte este escenario, a portavoz nacionalista recalcou que o BNG será “a voz desa Galiza rebelde e inconformista e que busca outra alternativa”.
Traballaremos dende a oposición para ofrecer esta alternativa e “o noso voto será polo tanto contrario ao que representa Núñez Feijóo e as políticas do Partido popular”.