BNG urxe o MAPA a defender o sector pesqueiro galego: mudar as políticas e defender a frota galega ante a UE
Rego e Planas coincidiron en que a decisión da UE de equiparar todas as artes de fondo: “o palangre de fondo é unha arte sustentábel que non fai perigar os fondos mariños”.
A organización nacionalista defende ante o Goberno paralizar o desenvolvemento da eólica mariña e incluír a Galiza como zona altamente dependente da pesca.
“Señor Ministro, hai que escoller entre pesca e alimento de calidade ou armarse até os dentes e destinar todos os recursos a iso. Que vai facer o seu Goberno?” require Rego a Planas durante a interpelación.
O BNG demanda ao executivo desenvolver medidas para impulsar o sector pesqueiro galego: IVE a 0%, solucionar o relevo xeracional, modificar as cotas...
“Na dicotomía entre armas e alimentos, o BNG estará sempre co sector pesqueiro galego” afirma Rego sobre o plan da UE de recortar os fondos da Política Pesqueira Común.