Congreso

BNG urxe o Goberno a dar por caducada a concesión ilegal da AP-9, liberala de peaxes e transferila á Galiza

Néstor Rego

A unhas horas de rematar o prazo dado pola Unión Europea, o BNG exixe ao Goberno do Estado non levar o Tribunal de Xustiza da UE a decisión de declarar ilegal a prórroga da AP-9 que iniciou o 17 de agosto de 2023

“Esta prórroga é absolutamente inxusta coa Galiza, para alén de seren irregular”: os galegos e galegas levamos pagando 12 anos máis do previsto inicialmente

Se neste momento estamos pagando por utilizar a AP-9 é por culpa do Partido Popular mais non é coherente que o PSOE diga que é responsabilidade do PP mentres que o Goberno do Estado do PSOE se empeña en manter a concesión

“O que corresponde é dar por caducada a concesión e recuperar a AP-9 para que sexa unha autoestrada libre de peaxes e, canto antes, se transfira á Galiza” defende Rego

O BNG urxe rematar coa inxustiza que sofren os e as galegas e reclama ao executivo do Estado poñer fin á estafa legalizada que supón as peaxes da AP-9 se quere “ser minimamente xusto co noso País” após decisións políticas acordadas en Madrid que non miraron polos intereses das familias e empresas da Galiza