Galegas 2020

O BNG traslada o seu apoio aos traballadores de Alu Ibérica pechados no Concello da Coruña

Xosé Luís Rivas, Francisco Jorquera co comité de empresas de Alcoa

O candidato do BNG pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas reclama  á Xunta e Ministerio de Industria que cumpran os seus compromisos e os  acordos da empresa  tras a venda da antiga Alcoa Coruña ao Grupo Riesgo.

Pide que se investiguen as axudas públicas á empresa e pregunta polas promesas de grupos políticos con  responsabilidades no goberno central

O BNG traslada  o seu apoio aos traballadores e traballadoras de Alu Ibérica, (antiga Alcoa) pechados no concello da Coruña e pide a  Xunta e o Ministerio de Industria que  cumpran os seus compromisos e a Alu Ibérica que cumpra os acordos tras a adquisición da antiga Alcoa na Coruña.

Rivas pide  que se investiguen as axudas públicas á empresa e responsabilidades  a grupos políticos que “agora teñen responsabilidade no Goberno central”.

O candidato do BNG pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas, xunto a candidata  nº 3, Mercedes Queixas, o portavoz municipal do BNG, Francisco Jorquera  e a concelleira nacionalista, Avia Veira mantiveron un encontro co comité de empresa pechado, dende hoxe, no concello da Coruña  ao que transmitiron o seu apoio  e  compromiso de  utilizar todos os medios ao seu alcance para que se cumpran as inversións, o mantemento dos postos de traballo con garantías laborais e o futuro da actividade da factoría de aluminio na Coruña, porque a empresa, dixo, “é viable e fundamental para o tecido industrial galego”.

 Asemade, Rivas volveu a reclamar a “intervención pública de Alcoa e abrir unha investigación sobre a venda da antiga Alcoa, na actualidade Alu Ibérica  ao  ao Grupo Riesgo, unha venda que cualificou de “trapicheo a  fondos mafiosos”, ás agachadas e incumprindo os  seus compromisos.

Xosé Luís Rivas (Mini)  instou á Xunta  e ao Ministerio de industria a intervir ante a ameaza da perda de  centos de postos de traballo en Alu Ibérica. Ao seu xuízo,  resulta “inadmisible” que a Xunta permaneza “desaparecida” neste conflito  mentres os traballadores levan meses reclamando unha solución nas rúas e agora vénse  obrigados a pecharse no concello para exixir a convocatoria da mesa sectorial e reparar aos traballadores e traballadoras  da perda do Plan Industrial durante dez meses.

Para a industria galega afirmou, a  situación de ALCOA é un golpe letal e dende o BNG “non imos tolerar que Alcoa  se peche”. É necesario  manter a actividade e os postos de traballo en ALCOA porque “o seu peche provocará  consecuencias económicas e sociais demoledoras para a comarca da Mariña e a Coruña”.