Galegas 2020

O BNG traslada o seu apoio aos armadores do cerco e compromete medidas para incrementar as cotas de sardiña

Encontro ACERGA
Encontro ACERGA
Xosé Luís Rivas, (Mini) afirma en Sada que: “Un goberno do BNG na Xunta non consentirá  ningún agravio contra a flota pesqueira galega”

O candidato do BNG pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas mantivo hoxe un encontro en Sada coa Asociación de Armadores de Galicia (Acerga) para analizar as consecuencias económicas da COVID-19 agravadas por unha “cota insuficiente” para a  captura de sardiña.

No encontro, Rivas acompañado do candidato nº 8, Carlos Babío e as concelleiras do BNG en  Sada, Isabel Raimúndez e Laura Rodríguez, transmitiu o apoio do BNG ás demandas dos armadores e afirmou que un “goberno do BNG na Xunta iniciará unha nova política para que a flota pesqueira galega recupere o papel que lle corresponde”, un goberno do BNG, afirmou Mini, “non vai consentir ningún agravio contra a nosa flota”.

Tras o encontro coa ACERGA, o candidato fixo fincapé no grave problema das cotas a pesar “da moita abundancia de sardiña”. Os  estudos realizados antes da pandemia, explicou,  concluían a sobre-abundancia da sardiña e que pode  ocupar o lugar que lle correspondería a outras especies. Os armadores, dixo o candidato nacionalista, están atravesando por unha difícil situación e non teñen que os defenda  a hora de reclamar novos estudos. Os compromisos do buque oceanográfico, encargado de elaborar os estudos tivo que paralizar a súa actividade ante a aparición da COVID-19 pero segundo afirman os propios  armadores, existen outras alternativas.  Neste momento, engadiu Rivas,  os datos actuais serán os que primen as previsións do ano 2021 a pesar de non corresponder coa  realidade.

O candidato do BNG afirmou que o Goberno do Estado e a Xunta de Galiza debe ofrecer unha solución á flota galega porque as cotas de sardiña, delimitadas pola UE e repartidas entre o Estado español e Portugal, discriminan a Galiza.

 Nós temos 154 cerqueiros fronte  aos 120 portugueses sen embargo, os barcos portugueses poden pescar a fin de semana e descargar as capturas o que produce unha discriminación  para os barcos galegos que non pescan eses días. Por outra parte, tradicionalmente a flota do cerco contaba cunha cota semanal que podía repartir a conveniencia co consecuente aforro de combustible e o paso á captura de 1.500 quilos diarios así como o excesivo control da cota no desembarco que leva aparelladas elevadas sancións está a provocar unha situación que os armadores cualifican de “insostible”. Os barcos deben declarar  unha cantidade estimativa do que van pescar o que provoca que en ocasión a estimación e a cantidade capturada poda variar e polo tanto “somos sancionados”.

A todo isto hai que sumar que  o peixe de descarte que antes volvía ao mar, agora é utilizado no sector da acuicultura, sen que os barcos reciban algún tipo de compensación. Os armadores trasladaron ao candidato do BNG a necesidade urxente de aumentar as cotas para poder asumir os custes e que o sector poda desenvolver a súa actividade económica.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG