BNG reclama un Plan de emerxencia social para Ourense e o PP vota en contra amparando a xestión política de Xácome

Noa Presas
Noa Presas
Noa Presas destaca que Cáritas atendeu 8.000 persoas máis que no ano 2019 e diferentes organizacións do ámbito social describen a situación de “crítica e insoportable”

A deputada do BNG, Noa Presas, trasladou ao Parlamento, a través dunha proposición non de lei,  a urxencia du Plan de emerxencia   para a  cidade de  Ourense no ámbito social e de servizos sociais.

O Partido popular votou en contra da proposta do BNG e amparou a xestión política do actual alcalde, a pesar  da gravidade da situación que mesmo  levou a  numerosas organizacións do ámbito da atención social, da pobreza, da discapacidade, da educación e do traballo social a reclamar  dos grupos  con representación no Concello “unha solución urxente”.

Asociación como: Afaor, Amarante, APES, Discafis-Cogami, Down Ourense, Saúde mental FEAFES, Fundación Juan Soñador, Fundación Meniños, Provivienda Ourense, Renacer DCA Ourense, ValoresSC, Xarela asinaron un escrito común liderado pola Rede Galega contra a pobreza alertando de que a  gravidade da situación de Ourense repercutía negativamente no traballo que desenvolven e sobre todo cara a   “integración sociocomunitaria das persoas que atenden”, afirmou.

 A deputada fixo fincapé nunha situación  de gran fraxilidade económica  anterior a pandemia que se agravou coa COVID19.   A situación de “colapso político da cidade  cun concello inoperativo e  bloqueado polo populismo trumpismo de Jácome” e polos intereses políticos do Partido Popular engaden máis problemas aos xa existentes con  catro anos de “parálise” do popular  de Jesús Vázquez .

O caos do concello, dixo, trasladase ao “caos e precariedade no Servizo de Atención do Fogar” co o incumprimento do prego de condicións do contrato  e do convenio respecto dos plus de domingos ou das horas mínimas de contratación, tendo persoas  con menos de 25 h (17 horas).  E ante esta situación, dixo,  “o concello nin as recibe” a pesar de ser un servizo do que dependen 380 persoas.

Noa Presas insistiu na demora nas tramitacións dos expedientes, e  Servizos sociais, ata 5 meses de agardas para ser atendidos, UNISS saturadas, falta de atención á veciñanza en exclusión social e falta de dialogo coas asociacións.

“A Xunta non pode inhibirse”, recalcou a nacionalista, porque a Xunta  é a máxima responsábel da política social no noso país e estamos falando de atención aos colectivos máis vulnerábeis e de dereitos humanos sobre todo nos colectivos de mulleres e mocidade, “os máis danados” pola anterior crise e pola pandemia.

Presas tamén aludiu ás familias monoparentais, persoas con discapacidade e atención aos maiores nunha provincia cun índice de avellentamento do 301% fronte ao  126% do Estado. Por outro lado, lembrou que  as  pensións galegas  son as “segundas máis baixas do Estado”. Se a estatal media é de 1.032,3 e a galega de  878,9 , “a ourensá  sitúase nos  761,91euros”.

A deputada lamentou o voto en contra do Partido popular para impulsar  unha mesa de traballo interinstitucional co fin de  abordar a situación social de Ourense e un Plan de emerxencia social urxente   para a cidade.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG