O BNG propón un orzamento expansivo para 2023 que permita unha saída xusta da crise

Noa Presas, portavoz de Economía
Noa Presas, portavoz de Economía

O BNG amosa a súa preocupación polo dato de teito de gasto ofrecida tras o Consello da Xunta, que considera “rutineiro e decepciónante” tendo que en conta o contexto de crise de prezos coa maior inflación en 38 anos.

“Non atende á situación de excepcionalidade que estamos a vivir cos prezos disparados afogando á maioría social e ás PEMES e, nesta situación, o que non cabe e facer o de sempre para deseñar uns orzamentos que non van ser suficientes nin sequera para cubrir o incremento de gasto de servizos básicos como a sanidade, ensino, ou por exemplo, para abordar os aumentos dos materiais na execución de obra pública”, explica a portavoz parlamentaria de Economía, Noa Presas.

Por tanto, o Bloque considera que o teito de gasto aprobado polo Executivo do PP vai ter como resultado “uns orzamentos de estancamento e de parálise, xusto o último que precisa Galiza neste momento”, alega Presas, quen anticipa a posición da formación nacionalista no pleno no que se debaterá o teito de gasto.

“Faremos unha proposta ambiciosa que  terá como horizonte unha saída xusta da crise para os galegos e as galegas”, destacou a deputada.

Hai que superar este teito de gasto para poder definir unhas contas públicas expansivas, coa premisa de que cubran as necesidades sociais derivadas da crise e que sexan tamén uns presupostos con capacidade para impulsar a economía e poder resistir e superar este momento de dificultade no que Galiza precisa un Goberno firme, con propostas ambiciosas, que non se deixe levar pola rutina e polo canto peor, mellor”.

 

 

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG