BNG pide o mesmo trato para A Rúa, Viveiro e Cee na celebración das probas da ABAU facilitando o transporte e que os custes do proceso selectivo non repercuta só nos concellos

Carme Aira
Carme Aira

Carme Aira criticou o pago de taxas por un servizo que non se aplica e que dificulta o acceso á formación universitaria

Reclamou facilitar a proximidade da ABAU para a mocidade que  vive nas comarcas periféricas e illadas e a implicación do goberno da Xunta para non poñer en risco  o transporte  por falta de aportación orzamentaria dos concellos.

A deputada do BNG, Carme Aira lamentou  que  os votos en contra do Partido popular á proposta nacionalista reclamando o “mesmo trato” para A Rúa, Vieiro e Cee na celebración das probas da ABAU impediran que prospera a proposta nacionalista.

Para a deputada, o PP volve a poñer impedimentos para  facilitar a comunicación da mocidade aos núcleos onde se celebran as probas. Con esta postura, dixo, o  Partido popular  persista en “discriminar”  aos mozos e mozas que viven en comarcas periféricas e illadas poñendo en risco o servizo de transporte por falta de aportación orzamentaria dos concellos e a  pesar de ter aboado “as taxas” á consellería de Educación.

As probas de selectividade, agora ABAU, explicou Carme Aira, afectan a case 13.000 rapazas e rapaces ao  ano  e celébranse nas cidades galegas con Campus Universitario, pero tamén se  realizan nos concellos de A Rúa, Viveiro e Cee dende finais dos anos  80,  debido  á súa lonxanía e dificultade  de transporte cara os núcleos onde se realizan os exames. Sen embargo, ao longo deste tempo non houbo melloras nos  medios de comunicación terrestre, unha das principais maneiras de garantir a igualdade  de acceso á formación universitaria do alumado  que estuda máis alonxado das cidades.

A  celebración das  probas da ABAU conlevan custes dos  “exiguos orzamentos” cos que contan os concellos  e a xuízo da nacionalista, a Xunta debería “conveniar” coas entidades locais os custes da descentralización das probas selectivas.

Nesta liña, explicou que se comparamos o  concello de A Rúa, con  4.000 habitantes, fronte a  Cee con  7.500 ou viveiro con máis de 15.000, este concello  conta cun orzamento  de 3M€  mentres CEE o duplica e  Viveiro sitúase en catro  4 veces máis. O custe das probas pode alcanzar os 13.000 euros anuais e durante os anos da descentralización resulta unha importante cantidade para os tres concellos.  

Cerca de 500 persoas aspiran  ás probas de acceso á universidade e  afectadas por   estudar na  “periferia”. Este alumnado,  está lonxe e sen medios de transporte, e estas dúas circunstancias merman a posibilidade de escolla  de determinadas  materias  ou especialización pola falta de profesorado que as impartan ou por insuficiencia de demanda.

“ As feblezas do rural”, recalcou a nacionalsita,precisan apoio efectivo por parte das administracións da Xunta de Galiza sendo imprescindible que garantan a igualdade de oportunidades para o alumnado destes lugares e que teñen  dificultades para  achegarse aos campus onde se celebra a ABAU e no caso de  acudir as familias debe asumir un incremento do gasto ao estaren obrigados a trasladarse o día anterior e pernoctar  durante os días da proba.

Por outra parte,  ademais dos gastos para as familias, as dificultades para  pais e nais en plena vida laboral  son “insalvables” dado que moi poucas empresas teñen permisos para este tipo de necesidades.

Dende o BNG  seguiremos  “reclamamos a proximidade” para as probas de acceso á universidade como un dereito en igualdade para os mozos e mozas galegas  que viven nestas comarcas periféricas e illadas así como a  implicación do goberno  da Xunta  para non  poñer en risco a continuidade do servizo por falta de aportación orzamentaria dos concellos.

Asemade, seguiremos reclamando á Consellaría de Educación, Cultura e Universidades que  “non se externalicen responsabilidades que  restan oportunidades de igualdade para  ás persoas xóvenes”.                            

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG