BNG pide medidas urxentes para mitigar o impacto da inflación, as fendas de xénero e o novo fenómeno do she-flation

Noa Presas
Noa Presas
Noa Presas acusou á Xunta de defender políticas económicas sen perspectiva de xénero  sobre un   traballo “invisible” que representa o 50,6% do PIB

A deputada do BNG, Noa Presas esixiu á Xunta poñer en marcha medidas “reais” contra o impacto da escalada de prezos sobre as mulleres galegas, un dos colectivos máis afectados pola inflación e a fenda salarial de xénero.

A través cunha pregunta parlamentaria, Presas afirmou que capacidade económica dos galegos e galegas diminuíu drasticamente no último ano por mor da brutal escalada de prezos e non teñen a sorte de ser “un defraudador fiscal que pode pasar a fin de semana de vacacións en Sanxenxo,  a costa dos impostos dos demais”. Este, criticou é o contexto que nos acompaña actualmente “a marca España” pero dende o BNG queremos poñer o foco “na desigualdade” e nos milleiros de galegas que se preguntan como van a soportar a crise económica.

Queremos poñer o acento, recalcou, que nun contexto inflacionario o impacto é maior nos sectores vulnerables da sociedade e por iso se chama “imposto dos e das pobres”.

Antes da crise económica, explicou a nacionalista, as mulleres xa estabamos peor. A fenda salarial segue presente e no ano 2020 situábase en “máis de 4 mil euros” e se o salario galego medio  é de 19.900 euros, “o salario feminino é un  10,95 %  máis baixo”.

Un segundo factor é o referido ás condición laborais das mulleres, no ano 2021 o 46,77% das mulleres  ingresaron salarios por debaixo do salario mínimo interprofesional. Ante esta situación, afirmou, constatamos que tanto o goberno central como o galego non destinaron recursos suficientes á inspección e concretamente o Goberno galego “ é moi dado a poñer a chaqueta de autogoberno en campaña electoral pero despois non ten ningunha ansia para reclamar as competencias plenas e capacidade sancionadora en materia laboral”.

Ademais, engadiu, o impacto das subida dos prezos apreciase tamén nas persoas maiores, un dos ámbitos dos que a Rede contra a pobreza alerta de que forman “grandes nichos de empobrecemento”. A fenda das pensións galegas en relación ás do estado debemos sumar unha “fenda de xénero que ascende ao 34,5” e lembrou que onte mesmo a deputada do BNG, Olalla Rodil reclamou no Parlamento galego que a Xunta complementara as pensión non contributivas e a RISGA, proposta que foi vetada polo Partido popular.

Na súa intervención, Noa Presas tamén se referiu á pobreza e  exclusión social. No ano 2020, aseverou, produciuse un incremento do 1.25% de risco por pobreza social das mulleres, agravada nas familias monoparentais. Nesta liña, lembrou que a Xunta “continúa de vacacións” porque se comprometeu, hai máis dun ano, a elaborar un plan específico contra a pobreza pero incumpre a propia lei de impulso demográfico e non desenvolveu o devandito plan.

A Covid 19 e a inflación, asegurou, impactaron gravemente sobre as mulleres e lembrou que son maioritariamente as mulleres as que solicitan excedencias para o coidado de fillos e familiares, e o peor, é que “a tendencia segue aumentando”, 7.000 no último ano. Para a deputada esta situación evidencia que “algo se está a facer mal dende os Servizos públicos”.

A parlamentaria do BNG criticou a negativa do Partido popular a impulsar unha nova  conta satélite de produción doméstica sobre a achega de traballos de coidados “invisible” realizados polas mulleres que en labores domésticas superaban o  50,6% do PIB, pero moito  nos tememos que ese impacto “aumentou”.

“A suba de prezos afecta máis ás mulleres e a Xunta non esta atendendo de maneira específica esta cuestión”. En México, apuntou Noa Presas xa se esta a falar de “she-flation” para reflectir como a crise afecta máis ás mulleres e no ámbito europeo comezan a elaborarse estudos neste sentido.

Noa Presas lamentou que a directora de Relacións Laborais non ofrecera máis información sobre o último plan de igualdade da Xunta e as cifras orzamentarias, afirmou “son insuficientes”. As mulleres seguimos “invisibilizadas nesta crise” a pesar de que o sistema económico perviva grazas “ao noso esforzo”, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG