BNG pide a Educación que restitúa os dereitos do alumnado de primaria do CEIP de Teixeiro en materia de transporte, comedor escolar e atención educativa especial

Xosé Luís Rivas

Xosé Luís Rivas reclamou facilitar o dereito ao comedor escolar ao alumnado incorporado máis tarde e facer “en tempo” as previsións educativas para evitar “improvisacións de última hora”

Lamentou, que unha vez máis, o Partido popular negara a realidade deste centro educativo  e votara en contra da iniciativa do BNG para  resolver os problemas do alumado transportado en vehículos  do  112, taxi ou furgoneta do concello, sen acceso ao comedor escolar e sen  profesional en  educación preferente

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas  acusou ao Partido popular de “non vivir neste século” nin entender que Galiza é dispersa e precisa que o goberno se adecúe a súa realidade. O nacionalista fixo esta afirmación ao referirse a situación do alumnado do CEIP de Teixeiro que é transportado ao centro encolar en vehículos do 112, taxi ou furgoneta do concello, carece de profesorado de educación preferente e os matriculados e matriculadas tardíos non teñen acceso ao comedor escolar. Neste sentido, reprochou á portavoz do PP María Felisa Fernández, que negara todas as deficiencias que o deputado formulou e pediu que foran corrixidas.

Rivas recalcou que o comedor escolar “non é beneficencia” é un recurso educativo e de equilibrio alimentario e os nenos e nenas en idade escolar teñen ao igual que  asistiren ao colexio da súa poboación e compartir co resto, convivencia e xogo, pero no CEIP de Teixeiro hai tres rapaces que foron obrigados a asistir a un colexio diferente ao da súa localidade. Para o deputado resulta “estigmatizante” que estes tres alumnos sexan trasladados en taxi ou furgoneta.

Por outra parte, lembrou que o CEIP de Teixeiro conta con comedor escolar pero si o persoal está de baixa, as comidas que se serven son “frías” e as novas matriculas de setembro continúan “sen praza no comedor”.

A consellería de Educación , afirmou, “non aumenta as prazas do comedor” e continua a conculcar e degradar este servizo público o que, ao seu xuízo, aumenta  a “desesperación dos país e das nais” porque o  insiste nun modelo para converter a educación pública nunha “educación asistencial para niños pobres” e advertiu que o BNG seguirá denunciando todas aquelas deficiencias e reclamará que se revertan para volver a contar cunha  educación e servizos educativos que cubran as necesidades do  alumnado.

O deputado explicou que Teixeiro conta cun CEIP dunha soa liña e menos de 200 alumnos e alumnas e aínda que sería  de agardar unha previsión educativa adaptada a este dinamismo poboacional, “non é así”. En calquera época do curso escolar poden aparecer e aparecen novos alumnos que necesitan escolarización e os servizos que este dereito fundamental con leva.        

Suprimida a praza de atención preferente

Ademais das eivas no transporte e comedor escolar, Xosé luís Rivas sinalou que a finais xuño foi suprimida a  praza de atención preferente para o curso 2022-2023. Esta medida non se xustifica nunha diminución de alumnado con necesidades especiais, “este alumnado no desapareceu” e o centro solicitou en tempo e forma a renovación da praza e os recurso para os alumnos e alumnas que requiren dunha atención diferente por necesidades educativas especiais. Un dereito que debe estar garantido pola consellería como figura na lei de Educación.

“Deixen de utilizar as tesoiras” como fai a nova titular da Inspección educativa da zona e atendan ás reclamacións e recollida de sinaturas  dos país e nais afectados.

Xosé Luís Rivas exixiu dotar  o CEIP de Teixeiro da praza de atención preferente para o curso 2022- 2023 “á que ten dereito polas súas necesidades educativas e volveu a lamentar que o Partido popular negara o seu apoio  á proposta nacionalista e continúe na senda de negar a grave situación educativa e non facer nada para resolvela.