O BNG participa en Tinduf na conmemoración do 40 Aniversario da Frente Polisario
Néstor Rego expresou o apoio do BNG á independencia do Sáhara Occidental e denunciou a ocupación marroquí do Sáhara Occidental e a pasividade da comunidade internacional ante un problema que leva décadas pendente de resolución: Ademáis, censurou a sistemática vulneración dos dereitos humanos por parte de Marrocos nos territorios ocupados nos que practica políticas represivas e anti democráticas.
O Secretario de Iniciativas Políticas do BNG salienta que a celebración do 40 Aniversario prodúcese cando no Sáhara ocupado se están a realizar as maiores manifestacións e protestas do pobo saharaui en contra da ocupación marroquina. E iso sucede a pesar da brutal represión que exercen as autoridades de Marrocos.
O BNG apoia a independencia do pobo saharaui
Rego trasladará ás autoridades saharauis o total apoio e solidariedade do BNG no camiño de lograr a independencia nacional do pobo saharaui e o recoñecemento da República Árabe Saharaui Democrática. Admáis, deixará claro o compromiso do nacionalismo galego coa causa saharaui e ofrecerá o total dispór do BNG a presentar todas as iniciativas posíbeis ante o Goberno español, tal e como vimos facendo no Congreso dos Deputados coas últimas preguntas parlamentares.
O responsábel do BNG reprocha ao Goberno español a súa pasividade e desentendemento dun conflicto do que é particularmente responsábel, te nunha grande responsabilidade histórica na entrega do Sáhara a Marrocos, por iso se debe implicar. Puxo de manifesto que o BNG asinou a Declaración conxunta 40 Aniversario da Frente Polisario, promovida pola Coordenadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sáhara (CEAS), que reclama ao Goberno español que:
1.- Promova todas as iniciativas políticas necesarias, encamiñadas a lograr unha solución xusta e definitiva, en defensa do lexítimo dereito do pobo saharaui á súa autodeterminación, mediante un referéndum libre e regular, como paso final do proceso de descolonización inacabado.
2.- Outorgue un estatus diplomático á Representación da Frente Polisario no Estado español, como único e lexítimo representante do Pobo Saharaui, así recoñecido por la ONU.
3.- Exixa ao Gobierno do Reino de Marrocos la liberación de todos os presos políticos, o cesamento dla violación sistemática dos dereitos humanos, a anulación dos xuízoss contra cidadáns e cidadáss saharauis e o libre acceso dos observadores, prensa e organismos humanitarios ao territorio do Sahara Occidental ocupado.
4.-Promova no Consello de seguranza da ONU, a incorporación no mandato da MINURSO da potestade de salvagardar os dereitos humanos no Territorio mentres non se resolva de maneira xusta e definitiva o conflito.
5.- Intensifique e amplíe a cooperación humanitaria coa populación saharaui refuxiada, obrigación moral indiscutíbel e irrenunciábel dada a especial responsabilidade histórica na orixe do conflito.