O BNG participa no Curdistán na observación internacional do referendum constitucional de Turquia
A Coordinadora de Relacións Internacionais e Portavoz do BNG en Europa Ana Miranda desprázase este venres ao Curdistán para integrar a misión de observación internacional que vai acompañar ao Partido Democrático do Pobo (HDP) con motivo da convocatoria do referendum constitucional en Turquia. A nacionalista integra a delegación da Alianza Libre Europea (ALE) que vai estar xunto con outras delegacións no Curdistán. O día 15 manterá unha intensa xornada de reunións coa sociedade civil e con prensa na cidade curda de Diyarbakir e na xornada eleitoral do domingo 16, desprazarase á zona de Cizre, unha das áreas máis reprimidas nos últimos meses pola violencia do Estado turco.
O referendum para a reforma consitucional que impulsa o dictador Erdogan e que é apoiado polo celébrase baixo estado de excepción e dun recorte brutal das liberdades e dereitos e suporía o maior cambio na historia recente de Turquia modificando as bases da República laica fundada en 1923. Erdogan aproveitou o fallido golpe de estado de xulio para lanzar a ofensiva da reforma constitucional que daria poderes executivos ilimitados ao Presidente, sen límites para gobernar, eliminando a figura do Primeiro Ministro e podendo gobernar via decreto e convocar estado de excepción, con capacidade para escoller un tercio do máximo órgano xudicial e suspender o Parlamento de xeito unilateral.
O BNG asiste ao Curdistán para transmitir solidaridade internacional ao HDP e ao Pobo Curdo na defensa do seu dereito á autodeterminación e a súa liberdade a vivir en Paz e Liberdade e sen opresión dunha dictadura que pretende incrementar seus poderes.