O BNG parabeniza ao Sinn Fein pola despenalización do aborto en Irlanda

Ana Miranda con mulleres do Sinn Fein

Ana Miranda subliña que se trata dunha nova vitoria do feminismo

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, trasladou hoxe en nome da Executiva Nacional do BNG os parabéns ás eurodeputadas do Sinn Féin, Martina Anderson, Lyann Boylan e Liadh Ni Riada polo resultado do referendo no que se aprobou a modificación da Constitución para permitir a interrupción do embarazo.

Ana Miranda destacou que este resultado se trata dunha vitoria do feminismo irlandés que ao mesmo tempo supón un avance para o conxunto do feminismo europeo. Ademais, as eurodeputadas do Sinn Féin salientaron o importante avance social que representa o debate previo, nunha sociedade de fonda tradición relixiosa e católica.

“O empoderamento das mulleres tamén está na despenalización do aborto”, manifestou a eurodeputada nacionalista.