BNG exixe a Feixóo que condene a campaña violenta de ENCE contra as decisións dos gobernos democráticos

Luís Bará
Luís Bará
Luís Bará reclama unha resposta da Xunta contra os actos violentos producidos onte en Pontevedra e que o goberno galego lidere o proceso da saída de ENCE da ría
BNG exixe a Feixóo que condene a campaña violenta de ENCE contra as decisións dos gobernos democráticos

BNG exixe a Feixóo que condene a campaña violenta de ENCE contra as decisións dos gobernos democráticos e que o Executivo galego lidere o proceso da saída de Ence da ría de Pontevedra.

O deputado do BNG, Luís Bará cualificou de “moi graves” os feitos violentos producidos onte no concello de Pontevedra con “intimidación e acoso, agresións verbais e físicas” ao alcalde da cidade e membros do goberno municipal. Para o nacionalista, “ENCE e o Partido popular deben condenar rotundamente estes actos violentos” protagonizados por un grupo minoritario de traballadores da empresa xa que a maioría, representada polo comité de empresa, explicou o nacionalista, manteñen unha posición diferente e razoable.

Bará tamén enviou unha mensaxe ao presidente da Xunta cominándoo a dar instrucións á empresa ENCE para que cese a escalada de violencia na que está instalada. Por outra parte, o deputado do BNG pediu  ao PP e á Xunta que abandonen a “radicalización, as barricadas e a ENCE-Borroka”. Para o deputado, “o PP non pode estar nas barricadas, debe gobernar e facer propostas para o futuro da ría, da produtividade industrial e da comarca de Pontevedra”.

O deputado do BNG, recalcou  ante os medios de comunicación, que a saída de ENCE da ría de Pontevedra xerará moitos postos de traballo, “gañaremos  unha ría e postos de traballo” ademais dun uso funcional e produtivo e diverso do monte galego, remarcou.

BNG exixe a Feixóo que condene a campaña violenta de ENCE contra as decisións dos gobernos democráticos