BNG exixe explicacións ao Goberno ante a excesiva actuación das FFCCSE na xornada de "La Vuelta" na Galiza
07 de setembro de 2025 (20:57 h.)
A organización nacionalista denuncia a detención de persoas que estaba a protestar pacificamente en apoio a Palestina, unha delas dirixente do BNG; identificacións previas por portar bandeiras palestinas e galegas e mesmo cargar policiais sen ameaza á seguranza pública.
O BNG reclama a inmediata posta en liberdade das persoas detidas e demanda unha investigación e a depuración de responsabilidades na cadea de mando ante a vulneración dos dereitos fundamentais de manifestación e expresión
Máis unha vez, o BNG demanda a retirada do equipo israelí de La Vuelta e exixe que a Xunta de Galiza non participe nos actos das etapas na Galiza