BNG e estudantes piden unha Lei Galega de Educación para enviar a LOMCE ao baúl da historia
Montse Prado e Mini Rivas apoiaron en Santiago de Compostela as mobilizacións convocadas en todo o país polo sindicato de estudantes Erguer
Os deputados do BNG, Xosé Luís Rivas e a Montse Prado participaron hoxe na manifestación do estudantado galego celebrada en Santiago de Compostela para reclamar unha Lei galega de Educación e contra a LONCE.
Para o deputado, “hai ai que derrogar a LOMCE” tendo en conta, ademais, explicou que o PP está en minoría no Parlamento español e que PSOE e Podemos tiñan o compromiso electoral de facelo. Rivas cualificou de “engano” a subcomisión no Senado porque a LOMCE continúa en vigor e aplicándose, “apenas ficaron en suspenso as reválidas”.
A LOMCE constitúe unha das leis “máis lesivas” que houbo para o sistema educativo galego. “É unha lei desgaleguizadora, mercantilista, moralista e clasista” , como xa temos denunciado dende o BNG desde que se coñeceu o borrador.
Galiza ten transferidas as competencias en materia de ensino e corresponde ao Goberno da Xunta regulalo e desenvolvelo e nese marco Galiza debe contar cunha lei propia, concluíu.