BNG esíxelle a Rueda que “deixe de enredar” co SAF e aumente xa o financiamento: “Estamos nunha situación límite”
Rodil: “O PP leva anos prometendo partidas que non chegan mentres afoga os concellos e prexudica as persoas dependentes e traballadoras”
A proposta nacionalista: subir o financiamento até os 20 euros a hora con carácter retroactivo e que o Estado asuma o 50 % que lle corresponde
A portavoz de Política Social do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, denuncia o risco de colapso do Servizo de Atención no Fogar (SAF) e reclámalle ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que “deixe de enredar” e, dunha vez, dea a orde de incrementar o financiamento que reciben os concellos pola prestación dun servizo que é esencial na atención ás persoas dependentes. “Estamos nunha situación límite”, advirte.
“O Partido Popular leva enredando desde hai case dous anos con esta cuestión, prometendo un financiamento que nunca chega”, denuncia a tamén viceportavoz parlamentaria do BNG, que acusa o Goberno de Rueda de estar “deixando caer” o Servizo de Axuda no Fogar ao tempo que afoga aos concellos —que están asumindo case o 50 % do coste sen que lles corresponda— e, sobre todo, prexudicando ás persoas maiores dependentes, que teñen dereito a vivir na súa casa cos apoios que precisan.
Os últimos datos do Imserso apuntan que entre xaneiro e decembro de 2025 o Servizo de Axuda no Fogar perdeu 1.700 persoas usuarias, subliña a deputada nacionalista, que denuncia tamén o incremento continuo das listas de espera. “Quen máis sofren as consecuencias do infrafinaciamento son as persoas dependentes e as súas familias, pero tamén as traballadoras do SAF, que seguen a soportar condicións laborais precarias suxeitas a un convenio colectivo que leva caducado desde hai máis dunha década”, sostén.
Segundo denuncia Rodil, lonxe de incrementar o financiamento do SAF, o Goberno de Rueda está recortando orzamento mediante modificacións de crédito, como sucedeu o pasado ano (17 millóns de euros) ou no 2024 (18,5). “O PP está deixando quebrar o SAF para substituílo por axudas asistencialistas, que se incrementaron en máis de 15.000”, advirte referíndose aos bonos Coidado no Fogar, de pouco máis de 400 euros. “Lonxe de garantir dereitos, o PP precariza, individualiza e devolve os coidados ao fogar para que sexan asumidos maioritariamente polas mulleres”, critica.
A proposta do BNG para o SAF pasa por que a Xunta incremente de maneira inmediata e con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2025 o financiamento, aportando 17 euros a hora e aumentando progresivamente esta cantidade para chegar os 20 euros a hora o próximo ano. Neste momento, lembrou Rodil, o Executivo do PP só achega 12 dos 23-24 euros a hora que custa prestar o servizo. O BNG esíxelle tamén o Goberno do Estado que cumpra a Lei de Dependencia, achegando o 50% do financiamento, neste caso, do SAF.
“No BNG defendemos un servizo galego do benestar que garanta a atención e os coidados que merecen as persoas maiores e dependentes como dereito, e rexeitamos o modelo do PP, que busca o desmantelar a dependencia como servizo público para substituílo por axudas low cost e políticas asistencialistas e privatizadoras”, conclúe a portavoz nacionalista de Política Social.
O BNG esíxelle a Rueda que “deixe de enredar” co SAF e aumente xa o financiamento: “Estamos nunha situación límite”
Rodil: “O PP leva anos prometendo partidas que non chegan mentres afoga os concellos e prexudica as persoas dependentes e traballadoras”
A proposta nacionalista: subir o financiamento até os 20 euros a hora con carácter retroactivo e que o Estado asuma o 50 % que lle corresponde
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro, 2026. A portavoz de Política Social do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, denuncia o risco de colapso do Servizo de Atención no Fogar (SAF) e reclámalle ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que “deixe de enredar” e, dunha vez, dea a orde de incrementar o financiamento que reciben os concellos pola prestación dun servizo que é esencial na atención ás persoas dependentes. “Estamos nunha situación límite”, advirte.