O BNG envía a súa solidariedade e apoio ao movemento nacionalista corso
A Executiva Nacional insta ao goberno francés de Emmanuel Marcron a recoñecer o triunfo electoral do Pobo corso que pide maior autonomía
A Executiva Nacional do BNG enviou hoxe a súa solidariedade e apoio ao Presidente do Goberno de Córcega Gilles Simeoni, na demanda dunha solución de diálogo entre Francia e Córcega, despois de que Macron se negara a resolver un conflito que leva 40 anos en tempo morto. O BNG lembra que o Pobo Corso deu unha dobre vitoria electoral ao movemento unificado nacionalista/independentista corso, que acadou un tempo novo de rexeitamento da violencia como na decisión clara de apoiar un novo estatuto de recoñecemento de autonomía para Córcega coa transferencia de competencias.
O BNG súmase ás declaracións de apoio da Alianza Libre Europea que dende diversos Pobos de nacións sen estado de Europa, seguimos defendendo que as Nacións poidamos decidir.