parlamento galego

BNG denuncia as deficiencias do servizo de transporte público por estrada e leva ao Parlamento as protestas das persoas usuarias de varias comarcas galegas

Paulo Ríos
Paulo Ríos
Paulo Ríos  afirmou que un gran número de usuarios padecen  diariamente horarios que non se compren, retrasos, malas condicións dos vehículos e falta de prazas

O deputado do BNG, Paulo Ríos volveu a denunciar no Parlamento galego as “deficiencias continúas do servizo de transporte público por estrada” e salienta as mobilizacións sociais  en diversas comarcas para trasladarlle á Xunta  que reclaman “unha solución” ante unha situación que definen como “caótica”.

No transcurso do debate da proposición non de lei do BNG, o nacionalista lembrou que nas últimas sesións plenarias o BNG xa puxo de manifesto as  irregularidades na contratación do servizo de transporte público da Xunta de Galiza e as condicións que se atopan os servizos que se están a dar por parte das empresas concesionarias, “sen que a Xunta de Galiza poña enriba da mesa solucións estruturais a problemas que non son conxunturais”.

Na súa intervención, o deputado tamén se referiu as mobilización sociais do pasado domingo nas comarcas de Ferrolterra, As Mariñas, a Barbanza ou o Val Miñor para “ deixarlle claro á Xunta de Galiza que queren unha solución aos problemas que viven diariamente co transporte público”.

Estamos a falar, dixo,  de horarios que non se compren, de retrasos continuados dos vehículos, de malas condicións dos mesmos e da falta de prazas froito dunha mala planificación no Plan de Transporte Público de Galiza.

A xuízo do deputado, o  Plan do Transporte público “fai tantas augas que xa non se poden resolver con parches” e por moito que o PP persista en maquillar os datos, o Plan   de Transporte público “non funciona ben”.

Galiza precisa un novo  Plan de Transporte público eficiente e eficaz

O parlamentario do BNG propuxo abrir “un proceso de escoita cos axentes implicados” para elaborar un estudo rigoroso das necesidades dos usuarios e usuarias co fin e acometer “un novo Plan de Transporte “ que atenda as demandas de mobilidade dos galegos e galegas. Urxe un Plan de Transporte que inclúa a “intemodalidade” funcional.

O Transporte público, recalcou Paulo Ríos debe  funcionar como “motor da nosa sociedade e como vertebrador do noso país”,  cunha mobilidade asentada na intermodalidade funcional para conectar  as aldeas coas vilas e as vilas coas cidades, coordinando diferentes modalidades de transporte, dende un novo sistema de taxis rurais,  liñas e itinerarios acordes coas necesidades da poboación e sumando  o tren e os transportes de ría.

Aspiramos a ter “unha Galiza conectada e interconectada”, para que  moverse polo noso país non se converta nunha “odisea”, e  cunha tarifa plana tal e como funciona  na maior parte dos países europeos. O BNG, anunciou  porá en marcha a Tarxeta 30. Toda Galiza, onde todo este novo servizo de transporte público se realice dunha forma máis integral e interconectada.

O deputado do BNG lamentou, que unha vez máis, o portavoz popular, José Manuel Balseiro negara as deficiencias denunciadas polo nacionalista e anunciara o voto en contra do Partido popular á proposición non de lei para mellorar “un transporte público moi deficiente” e trufado de sentenzas xudiciais polas irregularidades no reparto do servizo avalado pola consellería dirixida por Ethel Vázquez

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG