BNG defende unha batería de medidas que favorecer que a mocidade desenvolva un proxecto de vida en Galiza e frear o incremento do seu empobrecemento

Paulo Ríos
Paulo Ríos
Paulo Ríos  insistiu na precariedade laboral, a fenda salarial e a falta de oportunidades como principais razóns do empobrecemento agravado pola crise económica

O parlamentario do BNG, Paulo Ríos defendeu, a través dunha unha proposición non de lei, unha batería de medidas para  aumentar as axudas  ao alugueiro, favorecer o emprego da mocidade emigrada, a través  do Plan Retorna,  programas de creación de emprego de calidade con incentivos para a contratación e condicións de traballo dignas e medidas contra a precariedade laboral e a fenda laboral.

O nacionalista salientou que na actualidade, a mocidade vive unha grave situación  á hora de decidir emanciparse como reflicten os datos publicados sobre a percepción dos salarios, acceso a un traballo digno ou a unha vivenda. O empobrecemento da mocidade galega nos últimos anos é evidente, no ano 2009 representaba un 27,2% da poboación activa en contraste co ano 2022 cunha caída do 19,37%. Rios tamén  afirmou que o emprego xuvenil “duplica o desemprego da poboación galega”, agás no sector servizos cunha presenza do 71% acompañada dunha grande precariedade.

Por outra parte, engadiu que a mocidade galega duplica “a temporalidade laboral” cun 40% respecto do resto das idades ao que sumou “unha fenda salarial do máis do 20%”.

Estes factores, insistiu  inciden moi negativamente na capacidade adquisitiva pero tamén no “aforro” porque dedican o 58% do seu salario ao alugueiro. Con estes datos, remarcou o nacionalista, podemos afirmar que “a mocidade galega con traballo a xornada completa é pobre” e calquera goberno responsable  debe reverter esta situación.

Despois de trece anos de goberno do PP, explicou o nacionalista, a situación da mocidade é máis grave porque “mil euros de hoxe non teñen o mesmo valor que hai 13 anos” o que constata que  “a realidade empeorou” sobre todo polo impacto da COVID19 e agora pola crise de prezos.

Vostedes, recalcou  dirixíndose ás bancadas populares, “puxeron todos os ovos na mesma cesta” cunha política que que non desenvolve a nosa economía nin a nosa industria porque incide “nun modelo colonial” e só “do turismo e o Xacobeo, non se pode vivir. En Galiza, “necesitamos producir” e rebaixar a nosa dependencia doutros países. Temos que producir e exportar e poñer en marcha medidas urxentes para impedir que continúe o desmantelamento das nosas industrias e sistemas produtivos, aseverou.

Paulo Ríos, volveu a incidir en que as políticas laborais do Partido popular obrigan á mocidade a escoller entre “precariedade ou emigración” a pesar de que esta mocidade, dixo, “é a mellor formada de todos os tempos”. Dende o BNG defendemos poñer en marcha unha batería de medidas para que a xuventude recupere capacidade adquisitiva e  de aforro e sobre todo un emprego digno e acceso á vivenda que lle permita desenvolver un proxecto de vida na súa propia terra.

Tras a intervención do portavoz do PP, Pablo Pardo, o deputado do BNG pediu ao deputado popular que pedira perdón por non respectar a grave situación da mocidade galega e mesmo utilizar o seu tempo parlamentario para seguir con “chascarrillos contra a oposición” pero sen aportar ningunha medida para resolver “os graves problemas da xuventude”.

Na replica, o parlamentario do BNG reclamou ao Partido popular un cambio de política e medidas reais para frear o empobrecemento da mocidade galega e destinadas a garantir “ a súa independencia económica e estabilidade”.

O deputado nacionalista lamentou que, unha vez máis, o Partido popular votara en contra da iniciativa do BNG fala facilitar un emprego de calidade e acceso á vivenda a un dos sectores máis afectados pola crise económica, a mocidade galega.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG