BNG considera que as explicacións ofrecidas por Pedro Sánchez son absolutamente insuficientes
13 de xuño de 2025 (13:59 h.)
O que o BNG reclamaba eran explicacións completas non (só) como Secretario Xeral do PSOE, senón como Presidente do Goberno, porque isto afecta á administración do Estado, particularmente ao Ministerio de Transportes . Como Presidente debe render contas con total transparencia.
Ante a gravidade dos feitos, o BNG exixe a Sánchez:
- A realización inmediata dunha auditoría externa de todos os contratos do Ministerio de Transportes neste período.
- A posta en marcha dun paquete de medidas eficaces contra a corrupción na Administración Pública.
Transparencia total e depuración de responsabilidades en todos os niveis políticos e administrativos.
O BNG defenderá sempre a limpeza institucional e o uso honesto dos recursos públicos, sen concesións nin ambigüidades.