O BNG condena a violación da integridade territorial de Nagorno-Karabakh

Pide o cese do fogo de Azerbaixán contra o Pobo da República de Artsakh
O BNG condena a violación da integridade territorial de Nagorno-Karabakh

O conflito territorial entre Azerbaixán e Armenia, que persiste dende hai máis de 30 anos polo control do territorio do Alto Karabaj, sofriu un recrudecemento dende o mes de xullo cando as forzas azeríes atacaron as tropas da República de Artsakh, con ataques á poboación civil.Azerbaixan vulnera o chamamento da ONU do 23 de marzo de 2020 ao cese do fogo.

A Executiva Nacional do BNG apela ao inmediato cese ao fogo, nunha chamada á negociacións pacíficas e unha desescalada da violencia na zona. O BNG súmase ao chamamento realizado tamén hoxe dende a Asamblea Xeral da Alianza Libre Europea (ALE), para retomar as negociacións baixo a iniciativa do grupo Minsk da OSCE e ao amparo do respecto ao dereito de autodeterminación, a integridade territorial e a igualdade de dereitos. O BNG pide o recoñecemento da República de Artsakh e traslada a solidariedade internacionalista co Pobo de Narogno-Karabakh, enviando o apoio a través do seu Ministerio de Exteriores e ao partido observador da ALE, o Democratic Party of Artsakh.

O BNG condena a a violación por parte de Azerbaixán da integridade territorial da República de Artsakh e pide que Azerbaiján respecte o dereito de autodeterminación do Pobo de Nagorno-Karabakh, rexeitando a violencia e apoiando solución de diálogo en concordancia cos principios de Dereito Internacional. O Bloque condena e considera moi preocupante tamén a posición de Turquía no apoio das hostilidades contra o Pobo de Nagono-Karabakh que contribúe a unha escalada violenta nesa área xeográfica.

 

O BNG condena a violación da integridade territorial de Nagorno-Karabakh