BNG alerta das especies depredadoras sobre os bancos de cultivo das rías galegas e pide á consellería do Mar que actúe contra esta ameaza

Rosana Pérez
Rosana Pérez
Rosana Pérez critica que tras dez anos do estudo do CIMA, a consellería do Mar  non implementara medidas  “suficientes”  contra a ouxa que afecta gravemente a produción de ameixa,  berberecho e navalla

A portavoz de pesca do BNG, Rosana Pérez formulou unha pregunta ao goberno sobre os efectos das especies depredadoras sobre os bancos de cultivos das rías galegas que están a provocar  graves problemas económicos sobre o sector marisqueiro.

Na súa intervención, Rosana Pérez explicou que hai máis de dez anos que o Centro de Investigacións Mariñas-CIMA realizou un “estudo sobre as técnicas de prevención e protección das principais especies depredadoras dos recursos dos bancos naturais e zonas de cultivo do litoral e as rías galegas”, e  analizou o comportamento da aguia mariña ou “ouxa” pola súa “grande capacidade depredadora.

Sen embargo, engadiu,   a Consellaría do Mar “nunca tomou en serio a erradicación ou control deste peixe sen valor comercial e que a día de hoxe representa un verdadeiro problema para os bancos marisqueiros das rías, sobre todo na ría de Arousa”.

As ouxas, afirmou a nacionalista,  son un dos principais depredadores de ameixa, sobre todo babosa, e o propio sector ten intentado levar a cabo algunha actuación para  reducir a súa poboación, mais, ata o de agora, sen éxito, polos medios e esforzos que require.

Por outro lado,  a  falla de medidas levou a que nestes momentos a poboación de ouxas xa se teña convertido  nunha “ameaza real” que afecta de xeito importante á merma de produción de ameixa,  berberecho e navalla.

O pasado verán, tras unha reunión da   Consellaría do Mar con diferentes confrarías decidiu elaborar un  un estudo para acadar  algún tipo de solución.

 As grandes cantidades de ameixa e berberecho que serven de alimento ás ouxas levaron incluso a que o sector a elabrara un plan de eliminación, ou cando menos control do depredador, mais esta posibilidade non parece polo de agora viábel por tratarse dunha especie suxeita a TAC por parte da Unión Europea.

Pola súa parte, a Directora xeral de desenvolvemento pesqueriro, Susana Rodríguez Carballo explicou que é unha especie protexida e a pesar dos danos que ocasiona  eludiu ofrecer alguna solución ao control da mesma. A deputada reiterou que as medidas iniciadas polo sector non deron o resultado positivo e as medidas da consellería resultan insuficientes polo que volveu a reclamar “unha actuación urxente da consellería” contra o que o sector cualifica de “praga”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG