Ana Pontón reivindica un uso normalizado do galego en todos os ámbitos

Manifestación Queremos Galego
Manifestación Queremos Galego

Afirma que o Día das Letras é para celebrar e  para denunciar que temos un goberno do Partido popular dedicado,  durante 14 anos, a traballar en contra do galego e de Galiza

Demanda derrogar o decreto do plurilisguismo, "un timo" para que o castelán teña maior presenza

Denuncia que o Partido popular converteuse "nun Terminator" para a lingua galega pero hoxe miles de galegos e galegas dicimos alto e claro que "non queremos que o Partido popular nos roube a nosa lingua".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou na manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego baixo o lema, "En galego, aquí e agora" onde  reprobou a política linguicida do PP, con Rueda á cabeza.

 Pontón responsabilizou ao Partido popular de practicar, durante 14 anos, unha política de ataque ao galego pero hoxe, "miles de galegos e galegas dicimos, alto e claro, que non queremos que o Partido popular nos roube a nosa lingua".

Hoxe, Día das Letras galegas,  "temos que celebrar que contamos  cun idioma propio e alegrarnos de pertencer a unha nación cunha lingua, identidade, historia e cultura".

Hoxe, 17 de maio, recalcou a líder do BNG,  é un día para denunciar e reivindicar porque ao longo de 14 anos, temos a un goberno do Partido popular dedicado a "traballar en contra do galego" e de Galiza. Os datos demostran claramente a "política linguicida do PP" cando por primeira vez o galego xa non é a lingua maioritaria de Galiza e o  24% de menores de 14  afirman, non saber falar en galego, ademais  constatamos, día a día,  como o  galego continúa excluído de moitos ámbitos da vida.

Hoxe, reiterou Pontón reivindicamos que as persoas que falamos galego temos dereito a que non nos discriminen no noso País e lembrar a  abriga das administracións públicas a defender este dereito.

O PP "terminator" da lingua galega

lamentablemente, afirmou Pontón, o Partido popular converteuse "nun Terminator" para a lingua galega e hoxe comprabamos como miles de galegos e galegas dicimos alto e claro que "non queremos que o Partido popular nos roube a nosa lingua".

A política do PP persiste en roubarlle o dereito ás persoas máis novas a "coñecer e usar a nosa lingua" e dende o BNG, "apostamos por un  uso do galego normalizado" e para iso urxe "derrogar a falacia do decreto do plurilinguismo "que resulta "un timo" e  busca  unha maior presenza do castelán. Precisamos que o galego teña presenza en todas partes e dende o BNG estamos comprometidos para que Galiza teña o seu idioma e a súa identidade como "unha fortaleza".

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG