Ana Pontón pide a Feixóo que free a campaña de acoso a Lores que sobrepasan “todas as liñas vermellas dunha democracia”

ENCE acoso Lores
ENCE acoso Lores
Traslada a súa solidariedade e apoio ao alcalde de Pontevedra que se ve ameazado por defender que ENCE debe saír da Ría

A portavoz nacional, Ana Pontón, traslada toda a solidariedade e apoio ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, “ante a campaña de acoso que está soportando unicamente por dicir que ENCE ten que saír da Ría de Pontevedra e quero dicir que as ameazas e as agresións non son tolerables nunha democracia e, polo tanto, a miña firme condena aos actos que se produciron esta mañá no concello pontevedrés”.

Pontón responsabiliza ao PP e ao seu presidente a quen lle pide que poña freo a esa campaña. “Agardo que o señor Feixóo non deixe pasar nin un minuto máis para condenar uns feitos que son graves pero, sobre todo, agardo que non deixe pasar nin un minuto máis en frear unha campaña que xa sobrepasou todas as liñas vermellas dunha democracia”

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG