Ana Pontón: «Feixóo debe explicar o voto en contra de ALCOA»

Ana Pontón e Noa Presas
Ana Pontón e Noa Presas
"Debe unha explicación porque se converte en cómplice do peche dunha factoría e pon en risco o futuro de toda unha comarca", afirma
Ana Pontón: «Feixóo debe explicar o voto en contra de ALCOA»

A preguntas dos medios, a portavoz nacionalista reiterou que o Bloque é unha forza nacionalista que entende Galiza como nación, dentro dun Estado plurinacional, plurilingüe e pluricultural, ao tempo que ironizou sobre a “obsesión” do presidente da Xunta por tentar definir ao BNG.

“É normal que un Feixóo que en doce anos non logrou ningunha transferencia, que prefire que Madrid decida por nós porque non confía no País, teña dificultades para entendelo”, alegou, destacando tamén os valores republicanos do Bloque fronte ao bipartidismo e a extrema dereita empeñada en defender unha monarquía corrupta.

En todo caso, o que debe explicar o presidente da Xunta é o voto en contra do PP da intervención pública de ALCOA para salvar mil postos de traballo na Mariña, en lugar de obsesionarse co BNG, “debe unha explicación porque se converte en cómplice do peche dunha factoría e pon en risco o futuro de toda unha comarca”.

Ana Pontón: «Feixóo debe explicar o voto en contra de ALCOA»