Ana Pontón chama á mocidade a sumarse á ”rebelión” do galego, unha lingua “coa que aspirar a todo”
17 de maio de 2017 (18:41 h.)
- O futuro da lingua depende da xente moza, recalca na manifestación do Día das Letras Galegas
A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou a celebración do Día das Letras Galegas para facer un chamamento á xente moza a sumarse á “rebelión do galego”, unha lingua “na que se pode aspirar a todo”.
Pontón instou á xente moza a falar galego “en todos os ámbitos, porque esa é a mellor garantía de futuro” e, precisamente, porque confía nesa mocidade, indicou a dirixente nacionalista, “son optimista porque confío no meu país e sei que hai miles de persoas que falan cada día o galego, e ese amor cara o noso idioma é o que me fai ser optimista no seu futuro”.