Galegas 2016

Ana Pontón avanza como medida de goberno créditos a custe cero para financiar ás traballadoras/es autónom@s

Ana Pontón en Sarria
Ana Pontón en Sarria
  • Colocouse detrás do mostrador dunha panadería na súa Sarria natal para explicar as propostas do BNG para un colectivo de 217.000 persoas: “Teñen dereito a un réxime fiscal e de cobertura social xustos”
  • Defende prorrogar de seis meses a dous anos a tarifa plana de 50€/mes e custe cero nas cotas á SS para as autónomas de baixa por maternidade

A candidata Ana Pontón cambiou os estudios do debate televisivo por unha panadería en Sarria como lugar para presentar as propostas do BNG para os traballadores e traballadoras autónomas, que en Galiza suman 217.000 persoas e representan o 22,3% do total de afiliación á Seguridade Social.

Pontón non dubidou en poñerse detrás do mostrador da Panadería Pallares e atender á clientela da súa localidade natal, como unha traballadora autónoma máis, antes de explicar as propostas do BNG para este colectivo no económico e no fiscal.

“Este colectivo de autónomos e autónomas, de pequenas empresas son quen mantén vivas as vilas e cidades de Galiza, son un puntal importante para o desenvolvemento do país e o teñen pasado moi mal ao longo destes anos”, explicou Pontón, “e o BNG quere abrir unha nova etapa desde o Goberno galego para mellora as condicións destas persoas para acceder ao crédito, para que teñan financimanto para os seus negocios, pero tamén para que teñan un tratamento fiscal e unha cobertura social xusta”.

En concreto, o BNG propón unha liña de crédito a xuros cero destinada a financiar a instalación e mantemento dunha actividade autónoma durante un período de tres anos para facilitar a súa viabiliadade. Igualmente, para financiar investimentos innovadores e de modernización dos negocios e, tamén sería financiables con cargo a esa liña de créditos a custe cero as actividades como autónomos no sectores máis golpeados pola crise e as persoas autónomas que se atopan na último treito da súa vida laboral.

“Somos conscientes das dificultades polas que pasan os e as traballadoras autónomas, que tratan de levar a cabo os seus propios proxectos, na maior parte dos casos con longuísimas xornadas laborais e sen poder tomarse vacacións”, explicou Pontón.

A candidata tamén incidiu noutro aspecto clave para este colectivo, o fiscal. Neste sentido, o BNG reclama a xestión íntegra dos impostos que se pagan en Galiza, pero mentres se manteña o marco actual propón que o Estado corrixa a normativa actual. Así, propón que a tarifa plana de 50 euros mensuais durante seís meses se extenda ata os dous anos e, ademais, que queden exentos de tributación cando no acaden o SMI, e acabar co dislate de que teñan que cotizar por ingresos que non se teñen realizado.

Outra proposta que o Bloque defenderá desde o Goberno da Xunta é que as traballadoras autónomas queden exentas de tributar as cotas da Seguridade Social mentres estean de baixa por maternidade.

Debates

Preguntada polo debate na RTVG, Pontón salientou que son un dereito da cidadanía para contrastar propostas de programa antes de ir votar. A candidata declarou que o debate demostrou que o BNG ten un proxecto solvente, con iniciativas e demostrou tamén que coñece o país e, sobre todo, “que temos empuxe e confianza para sacar adiante aos galegos e as galegas, nun momento de graves problemas de paro, precariedade, desigualdade”.

“Desde o BNG queremos coller da man a todas esas persoas que aspiran a ter unha vida mellor e decirlles que o podemos conseguir se confiamos nas nosas propias forzas”, concluíu.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG