Plan 'Da Cinza á Vida'

Da cinza á vida
O BNG presenta o Plan Da Cinza á Vida, unha folla de ruta para reconstruír, protexer e transformar Galiza fronte aos incendios. Un futuro sostible, seguro e cheo de esperanza.

Os incendios forestais representan unha das maiores ameazas ambientais, sociais e económicas para Galiza. Ante esta realidade, o BNG presenta o Plan Da Cinza á Vida, unha proposta integral para:

✅ Atender ás persoas e territorios afectados
✅ Recuperar o medio ambiente e a biodiversidade
✅ Impulsar un novo modelo forestal e rural sostible
✅ Revitalizar o noso rural
✅ Reforzar a prevención estrutural fronte ao lume

Este plan non se limita a reconstruír o que o lume destrúe, senón que aposta por transformar estruturalmente o noso territorio para facelo máis resiliente, produtivo e respectuoso co medio.

📄 Podes consultar o documento completo premendo nesta ligazón.