Mini: “O cultivo da pataca na Galiza non é unha tradición, é unha importante axuda económica”

Xosé luís Rivas
Xosé Luís Rivas "Mini"
  • O deputado nacionalista critica a inacción da Xunta pola couza da pataca
  • O parlamentario do BNG rexeitou os datos esgrimidos pola titular de Medio Rural  por  non responder a realidade   e puxo como exemplo   as mobilización do sector lácteo  e a situación xerada pola couza da pataca 

o parlamentario do BNG, Xose Luís Rivas respondeu á conselleira de Medio Ambiente cuns versos do  poema de Gabriel Celaya,  “maldigo la poesía concebida como un lujo cultural por los neutrales que lavándose las manos se desentienden y avaden. Maldigo la poesía de quién non toma partido hasta mancharse...” para poñer de manifesto a  “utilización interesada” dos datos esgrimidos pola conselleira sobre a realidade do medio rural galego. Eu, dixo, quero vivir nese país que vostede debuxa con cifras “habilmente utilizadas” pero o país que eu percorro día a día non responde a esas cifras pero si unha  “ fonda tristeza” polo que está ocorrendo.

O parlamentario manifestou que “o cultivo da pataca en Galiza non é unha tradición” como sostivo na súa intervención a  titular de medio rural, o cultivo da patacas, dixo Rivas é “unha importante axuda  económica para as familias”. O discurso da melancolía e o catastrofismo, engadiu, mostrámolo nas mobilizacións pasadas do sector lácteo e aí seguimos “dando a cara por este sector”.

A respecto da couza da pataca, o deputado afirmou que foi descuberta no ano 2015 e a Xunta de Galiza permaneceu “desaparecida”. Agora, dous anos despois, pasaron de seren tres concellos afectados a   31  nos que non se pode cultivar durante un mínimo de dous anos polo que reclamou “compensacións polos prexuízos económicos e sociais que isto vai carrexar”.

O deputado tamén  reclamou a  ordenación do territorio  e puxo en cuestión “a forestación” de terras agrarias útiles nos últimos anos. Por outra parte, preguntou polo    compromiso da consellería coa agricultura sostible. Neste sentido explicou que contamos cun país rico o en medios e persoas  para desenvolver esta agricultura, só falta que o goberno galego acredite no futuro da agricultura sostible.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG