Co pobo brasileiro e contra o golpe

impeachment-sem-crime-e-golpe-600x400Cando hai pouco máis de mes e medio se iniciou o proceso de impeachment contra a presidenta Dilma Rousseff, o Bloque Nacionalista Galego denunciou que estábamos diante dunha manobra que baixo a aparencia de cumprimento da legalidade era realmente un golpe de estado institucional que tiña por obxectivo dar marcha atrás no proceso político progresista iniciado en 2003.

O pasado día 12 o golpe de estado consumouse, e Dilma Rousseff foi despoxada do cargo de presidenta que lle outorgara o pobo en eleccións. Diante desta situación o BNG volve a facer pública a súa solidariedade co pobo brasileiro, un pobo que enfrontará unha nova e negra etapa na súa historia cun goberno ilexítimo, que recén nomeado xa ten anunciado a súa intención de botar por terra moitas das conquistas e melloras conseguidas nestes anos de goberno progresista e de mudar a súa política internacional aliñándose cos inimigos da construción dunha América Latina de países soberanos e solidarios entre si.

O BNG volve reiterar o seu apoio solidario a Dilma Rousseff, ao PT, ao PCdoB e a todas as organizacións sociais que defenden a democracia no Brasil, unha solidariedade que facemos efectiva denunciando publicamente o golpe e divulgando en Galiza a as mobilizacións que se están a producir.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG