BNG reclama a Educación o mesmo trato para o alumnado das cidades e de medio rural

Xosé luís Rivas leva ao Parlamento as dificultades do transporte escolar para o alumnado do Instituto de Arzúa e pide unha solución contra esta discriminación

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas formulou unha pregunta á consellería de Educación sobre  a comunicación da    empresa concesionaria do servizo de transporte anunciando que  o alumnado do concello de Boimorto non pode facer uso das rutas do Instituto a partir do xoves 4 de marzo e indicando ao  Concello e a ANPA a posibilidade de  contratar transporte complementario cumprindo os requisitos que dispoña Mobilidade. O Concello pode solicitar a extensión das liñas de transporte regular de viaxeiros dependente de mobilidade.

Para o deputado, o  aviso da nova medida é realizado a mediados de curso e evidencia quen “manda e ordena” nas oportunidades e futuros dos alumnos e alumnas do rural , “ a Dirección Xeral de Mobilidade”.

A xuízo do nacionalista, con este tipo de medidas,  o bacharelato no medio rural e a Formación profesional poden converterse nunha cuestión de privilexiados. Mini criticou as condicións e falta de   servizos básicos nalgúns  concellos e explicou que si vives no  concello onde está o Instituto  tés dereito ao transporte  porque a outra alternativa é  “abandonar o  rural e ir vivir á  vila ou á  cidade”.

“De Boimorto, Sobrado e Vilasantar van a Arzúa cursar bacharelato 11 alumnos e alumnas  en total,  9 deles ían no transporte Rico e 2 levábanos os pais. Os que van a bacharelato a Curtis,  8 alugaron un taxi e 2 en autobús de Sobrado, Vilasantar e Boimorto”. Por qué os estudantes de bacharelato do término municipal de Arzúa teñen cuberto ese dereito  para ensino non obrigatorio e os dos concellos da súa área non? preguntou.

Antes da remodelación, explicou o deputado existían  acordos entre os pais e transportistas, con  prezos asequibles e unha axuda do concello.  Hoxe, “nesta nova realidade moderna de baleirado do rural”, as empresas que fan o transporte escolar seica non teñen permiso para faceren ese tipo de servizo deixando, unha vez máis, aos  rapaces e rapazas das aldeas gravados cun sobrecusto importante. “Cen ou cento vinte,  euros ao mes por fillo, dependendo da distancia”.

Asemade, engadiu, as becas actualizadas para bacharelato non contemplan o transporte. Antes contaban os km de desprazamento e incluíanse no importe da axuda.

O nacionalista preguntou entre outras cuestións: Por que desde Mobilidade non se tiveron en conta as peculiaridades e necesidades do alumnado rural de bacharelato á hora de facilitar acceso aos centros de referencia? Cal foi a razón pola que as becas  para alumnos de bacharelato xa non contemplan as distancias do alumno/a ao centro de referencia? Cal é a razón pedagóxica pola que a Consellería de Educación comunicou á empresa concesionaria do servizo de transporte que o alumnado do concello de Boimorto non poderá facer uso das rutas do Instituto de Arzúa, a partir do xoves 4 de marzo?  Que tipo de “ autoodios” manexa a Dirección Xeral de Mobilidade  e a Consellería de Educación para condenar ao alumnado do rural a esta discriminación?

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG