parlamento galego

BNG exixe responsabilidade aos entes implicados nas negociacións dos contratos do leite entre industria e produtores

Mini Rivas
Mini Rivas
Xosé Luís Rivas preguntou ao goberno  polo papel da consellería, o  Observatorio Lácteo, a Conta Láctea e a Mesa do leite nas xestións dos contratos e sobre os   distintos diferenciais entre  explotación de 100.000L e 700.000L

O portavoz de agricultura e gandaría do BNG, Xosé Luís Rivas levou ao Parlamento galego a “extorsión” da industria aos produtores de leite e preguntou pola responsabilidade da consellería, o Observatorio Lácteo, a Conta Láctea e a Mesa do Leite nas xestións dos contratos.

O nacionalista cualificou os prezos do leite de “galimatías” tendo en conta que a primeiros de outubro do pasado ano Entrepinares  comezaba a pagar o leite dese mes a 57cts máis calidades e sen  distíngoos nos volumes de entrega.

A suba foi xeneralizada e as  demais industrias “actualizaron “ os seus prezos, aínda que non chegou a tódalas granxas, na mesma intensidade e no mesmo prazo; as pequenas, coma sempre, recalcou o deputado,  “foron discriminadas”.

Na súa intervención, recalcou  que a  suba no prezo chegou  ás granxas galegas afectadas durante meses por  “perdas constantes”  e  “disparados” custes de produción.

Por outra parte, explicou que o   consumidor final asumiu un  incremento de arredor de 30cts/litro nos supermercados e na  primavera  2023 producíase una baixada  de 5 a 6 cts pero nos supermercados  permanecían os prezos “de maneira valente” con contratos para dous ou catro anos. No mes de  xullo as industrias entregan propostas ás granxas con novas caídas que poden chegar ata os 5 cts pero tampouco agora existen razón que xustifiquen esta caída, asegurou.

Unha vez máis, criticou o nacionalista,  “a industria e a distribución están dispostas a aumentar os  beneficios” a costa de “baixa de  prezos ao  produtor”.

Rivas salientou que “á  industria e da distribución que non lles importa extorsionar ao  sector  entre  as explotacións de menos de 100.000 L e as de máis de 700.000 cun “diferencial”   de 7 cts, en concreto, “7,65 no mes de xullo”.

O parlamentario  insistiu na necesidade da intervención  do  Observatorio Lácteo, a Conta láctea,  a  Mesa do Leite e a Axencia de información e Control alimentarios para abordar unha situación que volveu a cualificar de “galimatías” e preguntou ao goberno porque non son publicados os datos de contratación desde a Conselleira cos custes de produción ao fin de servir de referencia nas relacións contractuais entre industria e produción.

Pola súa parte, o director Xeral de Agricultura, gandería e Industrias alimentarias, Silvestre Balseiros Ginerte recoñeceu as críticas do nacionalista e evidencia  de datos pouco fiables introducidos na conta láctea e criticou a  “inconveniencia” de que cada produtor negocie individualmente os prezos do leite  coa industria. O deputado criticou que tanto o PP como o Psoe non xestionaron ben as modificación da cadea alimentar, “non tiveron peito para poñer mecanismos na lei”. A conta láctea, reiterou, “non publica custes  de produción periodicamente” e  agora, o PP, como mesmo confirmou o conselleiro en sesión plenaria,  debe reforzar a conta láctea con subvencións a grupos de asesoramento  para que “os datos sexan fiables”.

O deputada urxiu a Balseiros Ginerte a poñer en marcha medidas para acadar datos fiables sobre produción co fin de que  a “relación contractual”  sexa “seria e rigorosa”, porque de non seren así, dixo “os produtores continuarán en inferioridade de condición”.

Rivas lamentou que o titular da dirección xeral de Industrias alimentarias non avanzara “ningún compromiso” para acadar contratos xustos que teñan en conta o incremento dos custes de produción

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG