parlamento galego

BNG exixe ao goberno medidas contra os abusos da industria nos prezos que deben abonar aos produtores e produtoras de alimentos

Xosé Luís Rivas Mini
Xosé Luís Rivas Mini

Xosé luís Rivas  exixiu medidas para garantir  que os prezos de compra   nunca sexan inferiores aos de produción  e impedir subvencións ás industrias sancionadas  por irregularidades nos contratos

A través dunha pregunta ao goberno, o deputado do BNG, Xosé Luís Rivas (Mini), exixiu medidas contra os abusos da industria nos prezos que deben abonar aos produtores e produtoras de alimentos para que “non resulte máis caro producir que vender” e garantir que as industrias sancionadas por irregularidades nos contratos accedan a subvencións.

O nacionalista explicou que as bases  reguladoras das axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader),  convocadas para o 2023 recollían que no seu artigo 3 que “non se concederán nin pagarán axudas aos solicitantes ou beneficiarios que fosen obxecto de sanción firme grave ou moi grave  nos dous anos anteriores á data da solicitude ou pago da axuda e no caso de seren obxecto de sanción firme grave ou moi grave en base ao previsto na Lei 12/2013, nos cinco anos posteriores ao pago da subvención”.

Tratábase pois, dixo,  o deputado,  dunha medida dirixida a evitar os abusos, neste caso, cometidos pola industria  cos produtores e produtoras de alimentos. “Unha medida de presión que salvagardase o diñeiro público das mans daquelas industrias que usan esas  prácticas”, recalcou.

Sen embargo, a fins do mes de xaneiro, a Consellería do Medio Rural tras coñecer a sanción grave da Axencia de Información e Control Alimentario (AICA), á “empresa amiga do Partido popular” INLEIT, con 9.000 por irregularidades nos contratos cos produtores de leite, decidiu modificar a orde de axudas para suprimir o artigo 3  que penalizaba este  proceder.

Para o deputado, a “modificación foi interesada” e confirma a convivencia do Partido popular con determinadas industrias que teñen un “comportamento desleal e lesivo  cos produtores lácteos”.

Nesta liña afeou as subvencións recibidas pola empresa INLEIT e acusou a Consellería de Medio Rural de “trato de favor” e reclamou “acabar coas prácticas lesivas” que veñen producíndose na cadea alimentaria e que poñen en risco o futuro das pequenas granxas e empresas agrícolas de transformación de produtos do sector primario.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG